Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/09/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 6 DE SETEMBRO DE 2018

N.º 205

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA.
ZONA HIDROGRÁFICA DE GALICIA-CENTRO
Anuncio José Antonio Fernández Pérez solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.60984
As obras solicitadas consisten na instalación dun paso sobre un regato sen nome na parcela de referencia catastral 27040A133001220000HW, denominada Carballo Alto e situada no lugar de Avieira, parroquia de Santa María de Marzá, concello de Palas de Rei. A parcela encóntrase cruzada por un pequeno rego que se pretende salvar cunha tubaxe de formigón de 3 metros de lonxitude.
O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Lugo ou nas oficinas deste servizo, situadas na Rúa Tomiño, 16 baixo, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2018.- O Xefe do servizo territorial, Ángel Gómez Rey.
R. 2480

CONCELLOS
ABADÍN
Anuncio CONTA XERAL DO EXERCICIO 2017
Formulada e rendida CONTA XERAL deste Concello de Abadín corresponde ao EXERCICIO DE 2017, e unha vez informada poloa Comisión Espedial de Contas na sesión celebrada o día de hoxe 04/09/2018, de conformidade co disposto no artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse ao público polo prazo de quince días, que contarán a partires do seguinte ao da inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia de Lugo, a fin de que durante dito prazo e os oito días seguintes, os interesados poidan examinala e presentar, no seu caso, as reclamacións, reparos ou observacións que estimen pertinentes.
Abadín, a 04 de setembro de 2018.- O Alcalde, José María López Rancaño.
R. 2518

CERVO
Anuncio Por Resolución de Alcaldía de data 24 de agosto de 2018, aprobáronse os padróns correspondentes ás mensualidades de xullo de 2018 das liquidacións do prezo público polo servizo de Axuda no Fogar, da Taxa pola prestación do servizo da Escola infantil Municipal e da Piscina Municipal e os padróns correspondentes ao 3º bimestre de 2018 das taxas polos Servizos de Abastecemento de Auga, Recollida de Lixo e Saneamento. Por medio do presente edicto expóñense ao público os padróns, por un prazo de 15 días naturais, a contar dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de reclamacións. Contra os mesmos poderase interpoñer o recurso de reposición do artigo 14 do RD lexislativo 2/2004, de 5 de marzo no prazo de un mes dende a publicación deste anuncio, sendo o procedente no caso do canon da auga a

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/09/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha06/09/2018

Nro. de páginas13

Nro. de ediciones3281

Primera edición01/03/2013

Ultima edición19/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Septiembre 2018>>>
DLMMJVS
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30