Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/09/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 220 luns, 24 de setembro de 2018

BOP de Lugo
Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, regulan a creación, modificación ou supresión de ficheiros de titularidade pública.
Por outra banda, a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e a Lei 57/2003 de 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local, atribúenlle ao Pleno a elaboración de ordenanzas e regulamentos.
Artigo 1.Obxecto e ámbito.
1. O presente regulamento ten por obxecto a creación e regulación dos ficheiros de datos de carácter persoal, automatizados e non automatizados, dependentes do Concello de Carballedo, e que se relacionan no anexo I da presente ordenanza.
2. A regulación dos ficheiros de datos de carácter persoal determina a finalidade de ditos ficheiros, as persoas ou colectivos sobre os que se obteñen os datos, o procedemento de recollida de datos, a estrutura básica do ficheiro e a descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos, a cesión dos datos, ao órgano responsable dos ficheiros, os servizos ou unidades ante os que se pode exercitar o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición, e o nivel de medidas de seguridade correspondentes a cada un destes ficheiros, en aplicación da L.O.
15/1999, e da súa normativa de desenvolvemento.
Artigo 2.Creación e regulación de ficheiros de datos de carácter persoal.
1. Créanse os ficheiros de datos de carácter persoal do Concello de Carballedo que figuran como anexo I co contido recollido no artigo 20 da Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal e no artigo 54.1 do Real decreto 1720/2007.
2. Os ficheiros de datos de carácter persoal do Concello de Carballedo rexeranse polas disposicións que se detallan para cada un deles e estarán sometidos, en todo caso, ás normas legais e regulamentarias de superior rango que lles sexan aplicables.

Os datos de carácter persoal rexistrados nos ficheiros que se indican e dos que o Concello de Carballedo é o responsable, só poderán utilizarse para os fins expresamente previstos e por persoal debidamente autorizado.
Artigo 4.Responsabilidade dos ficheiros.
1. A titularidade e responsabilidade dos ficheiros de datos de carácter persoal do Concello de Carballedo corresponde ao propio Concello, representado pola persoa que exerza o posto de Alcalde-Presidente.
2. Por outra banda, consideraranse encargados do ficheiro as persoas que leven a cabo, por conta da persoa responsable, o tratamento dos datos recollidos nos mesmos, segundo o establecido no anexo I particularmente para cada ficheiro.
Aplicarase ao respecto o réxime establecido no artigo 21 da Lei 15/1999 e o especificado para cada ficheiro.
Artigo 6.Medidas de seguridade.
1. O Concello de Carballedo implantará as medidas organizativas e técnicas precisas para asegurar a confidencialidade de datos. Con este obxectivo, adoptará as medidas de seguridade que se establecen no Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal.
2. Así mesmo, o Concello de Carballedo velará porque os ficheiros se utilicen para as finalidades que motivaron a súa creación e polo persoal debidamente autorizado. Do mesmo xeito, velarase, con carácter xeral, polo respecto dos principios de protección de datos e só poderán ser obxecto de tratamento os datos que sexan adecuados, pertinentes e non excesivos en relación coas finalidades determinadas, explícitas e lexítimas para os que se obtiveron.
Artigo 7.Dereito de información na recollida de datos.
As persoas ás que se lles soliciten datos persoais serán informadas previamente de modo expreso, preciso e inequívoco, nos termos que dispón o artigo 5 da Lei orgánica 15/1999 do 13 de decembro, sen prexuízo dos supostos exceptuados na lei.
Artigo 8.Dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.
O órgano ante o que se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición con relación a calquera dos ficheiros municipais de datos de carácter persoal establecerase particularmente para cada ficheiro, sendo por defecto ante a Alcaldía-Presidencia.

Anuncio publicado en: Num BOP 220 año 2018 24/09/2018 08:00:00

Artigo 3.Finalidade e uso dos ficheiros.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/09/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha24/09/2018

Nro. de páginas21

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Septiembre 2018>>>
DLMMJVS
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30