Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/09/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 210 mércores, 12 de setembro de 2018

BOP de Lugo
3º.- Notificar aos interesados a presente Resolución e proceder á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Guntín, a 06 de setembro de 2.018.- O Alcalde, Jesús Carreira Ferreiro R. 2547

OUTEIRO DE REI
Anuncio APROBACIÓN DEFINITIVA DE EXPEDIENTE DE OCUPACIÓN DIRECTA
José Pardo Lombao, Alcalde do Concello de Outeiro de Rei, no exercicio das competencias que me atribúe o artigo 21.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, expoño:
O viario que se pretende realizar foi proxectado dentro do Plan de Sectorización da 8 fase do parque empresarial para conectar este sector directamente coa Estrada autonómica LU-115 creando desta forma unha acceso directo ao parque empresarial desde a estrada provincial de Outerio de Rei a Lugo LUP-3906 sen necesidade de bordear a vía de servizo mellorando desta forma considerablemente a conectividade do parque empresarial. Este viario proxectouse en parte sobre terreos urbanizables sen desenvolver que quedaron incluídos a partir deste momento dentro da delimitación do devandito plan de sectorización e en parte aproveitando o viario proxectado dentro do Plan de Sectorización Matela II e que se atopaba aprobado nese momento e que xa prevía un viario de conexión coa rotonda existente na LU-115.
O plan de sectorización da 8 fase do parque empresarial foi aprobado definitivamente en sesión plenaria de data 16 de xullo de 2010 atopándose nestes momentos en tramitación o proxecto de urbanización correspondente ao polígono 1 do devandito plan.
O plan de sectorización Matela II foi aprobado definitivamente en sesión plenaria de data 30 de xuño de 2003
sendo constituída a xunta de compensación mediante escritura pública de data 24 de abril de 2008 e inscrita no Rexistro de entidades urbaníticas colaboradoras da Xunta de Galicia en data 24 de novembro de 2008 co número 25/08.
Ata o momento non foron presentados nin o proxecto de urbanización nin de compensación relativo a este sector.
Coa finalidade de levar a cabo a ocupación directa dos terreos necesarios para a execución dun tramo viario a arquitecta municipal formulou o proxecto de ocupación directa que se somete a aprobación inicial.
Por todo o cal, e de conformidade co disposto no artigo 317 e seguintes do regulamento da lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, o día 23 de xullo de 2018, aprobouse inicialmente o proxecto de ocupación directa para a execución do proxecto de execución do vial de conexión da estrada LU-115 con CP3006.
Asemade, publicouse o anuncio no BOP de Lugo de 30 de xullo de 2018, así coma no taboleiro de edictos municipal e cursáronse as notificacións personais aos interesados.
Durante o plazo de información pública non se presentaron alegacións ou suxerencias, motivo polo cal, o día 3
de setembro de 2018, mediante decreto de Alcaldía acordouse PRIMEIRO.- Aprobar definitivamente o proxecto de ocupación directa para a execución do proxecto de execución do vial de conexión da estrada LU-115 con CP3006.
SEGUNDO.- Proceder á ocupación dos terreos afectados.
O presente acto administrativo pon fin á vía administrativa, contra o que poderá interpoñer recurso de reposición perante ó Sr. Alcalde, no prazo de un mes a contar dende o día seguinte ó da práctica da presente notificación, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo de Lugo, no prazo de dous meses a contar dende ó día seguinte ó da práctica da presente notificación.
Outeiro de Rei, 6 de setembro de 2018.- O Alcalde, José Pardo Lombao R. 2552

Anuncio Confeccionado o Padrón de contribuintes do Imposto Municipal sobre Vehículos de Tracción Mecánica, correspondente o ano 2018, exponse ó público durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de examen e reclamacións.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/09/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha12/09/2018

Nro. de páginas6

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Septiembre 2018>>>
DLMMJVS
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30