Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/09/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 204 mércores, 5 de setembro de 2018

BOP de Lugo
A Coruña, 27 de agosto de 2018.- O xefe do servizo territorial, P.A., Manuel Javier Jiménez Calvente.
R. 2469

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E RECADACIÓN PROVINCIAL
Anuncio EXPOSICIÓN MATRÍCULA IAE-2018
De conformidade co establecido no artigo 3 e 4 do Real decreto 243/1995, de 17 de febreiro, polo que se dictan normas para a xestión do Imposto sobre Actividades Económicas e se regula a delegación de competencias en materia de xestión censal do dito Imposto, ponse a disposición dos interesados a matrícula do ano 2018 correspondente as cotas municipais dos concellos que se relacionan, a fin de que os contribuíntes poidan consultar os seus datos. A matrícula estará a súa disposición nas oficinas dos concellos respectivos e nas oficinas do Servizo de Xestión Tributaria e Recadación da Deputación Provincial de Lugo sitas na Rúa Tui, núm 5-baixo, 27004 Lugo durante o prazo de QUINCE DÍAS
contados a partir da publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Contra os actos de inclusión, exclusión ou alteración dos datos censais poderase interpoñer, no prazo dun mes, recurso de reposición ante a Axencia Tributaria ou reclamación económico-administrativo ante o Tribunal Administrativo Rexional, en ambos casos, a contar dende o día seguinte ao término da exposición da matrícula.
Concellos: Abadin, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Cervo, O Corgo, Cospeito, Chantada, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Foz, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, As Nogais, Ourol, Palas de Rei, Pantón, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra de Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarin, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Sarria, O Saviñao, Sober, Taboada, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro, Vilalba, Xermade e Xove.
Lugo, 6 de xullo de 2018.- O PRESIDENTE, P.D. Decreto nº 1357/2016, de data 01-7-2016, A Deputada Delegada de Economía Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez.
R. 2485

CONCELLOS
BECERREÁ
Anuncio EXPOSICIÓN AO PÚBLICO
Por Decreto da Alcaldía, de data 28/08/2018, prestouse aprobación inicial ao padrón correspondente ao mes de xullo do 2018 do prezo público pola prestación do servicio de axuda a domicilio.
Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago do prezo público, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación R.D. 939/2005, do 29 de xullo, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, ata o 29/10/2018. Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/09/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha05/09/2018

Nro. de páginas7

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Septiembre 2018>>>
DLMMJVS
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30