Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/10/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 28 DE OUTUBRO DE 2021

N.º 248

XUNTA DE GALICIA
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN.
SERVIZO DE ENERXÍA E MINAS
Anuncio Resolución do 8 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo pola que se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, da instalación eléctrica LIÑA SEQ806QUIROGA 6
SUBSTITUCIÓN APOIO C7B9QS5S28 , no concello de Quiroga Exp. 2020/15 A.T.
Examinado o expediente instruído a instancia da empresa UFD Distribución Electricidad S.A., con enderezo para os efectos de notificación en Avda San Luis, 77, 28033 Madrid, aprécianse os seguintes
Primeiro.-Con data 20 de maio de 2021, a citada empresa solicita a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica LIÑA SEQ806 QUIROGA 6 SUBSTITUCIÓN APOIO C7B9QS5S28, no concello de Quiroga, logo de autorizarse o preceptivo proxecto das instalacións a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro BOE 27 de decembro do 2000, núm. 310, que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e xuntando a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico BOE do 27 de decembro de 2013, núm. 310 e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado.
Segundo.- A declaración de utilidade pública someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante resolución desta xefatura territorial do 25 de maio de 2021. Esta resolución foi publicada no diario El Progreso do 11 de xuño de 2021, no BOP de Lugo do 8 de xuño de 2021 e no DOG do 17 de xuño de 2021, no taboleiro de anuncios da citada xefatura territorial e no taboleiro de anuncios do concello de Quiroga. Con esta resolución inseríase a relación de bens e dereitos afectados.
Así mesmo, practicouse notificación individual aos interesados incluídos na referida relación de bens e dereitos afectados.
Terceiro.-Durante o trámite de información pública non se presentaron alegacións A este feitos son de aplicación os seguintes Fundamentos de dereito.
Primeiro.-A esta xefatura territorial correspóndelle resolver sobre a presente solicitude. de acordo coas competencias que resultan do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e tendo en conta o Decreto 9/2017
do 12 de xaneiro DOG n 22 do 1 de febreiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 24/2013, do 26 de decembro do sector eléctrico.
Segundo-No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da citada lei 24/2013, e os regulamentarios previstos nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
Terceiro.- Sen prexuízo do anterior, cómpre ter en conta que consonte ao artigo 151 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en calquera momento a empresa beneficiaria e os titulares dos necesarios bens e dereitos poden convir un mutuo acordo, causando a correspondente conclusión do expediente expropiatorio.
De acordo co exposto e en virtude das competencias que ten atribuídas, esta xefatura territorial RESOLVE:
Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica obxecto do presente expediente, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para
Anuncio publicado en: Num BOP 248 año 2021 28/10/2021
27/10/2021 08:00:00
13:31:38

Antecedentes de feito.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/10/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date28/10/2021

Page count28

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Octubre 2021>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31