Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/10/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 18 DE OUTUBRO DE 2021

N.º 239

CONCELLOS
CASTROVERDE
Anuncio Que polo na xunta de goberno celebrada o día 6 de outubro , ditouse a seguinte resolución,aprobación ao Padrón do prezo público da recollida de plásticos correspondente ao ano 2021, e exponse ao público polo prazo de quince días contados a partir do seguinte da súa publicación ao obxecto de que poida ser examinado e presentar contra o mesmo as reclamacións que se estimen pertinentes. Así mesmo faise saber que dita publicación servirá de notificación colectiva a todos os contribuíntes nel comprendidos ao amparo da Lei Xeral Tributaria.
Castroverde, 11 de outubro de 2021.- O alcalde, Xosé María Arias Fernández.
R. 2932

Que na Xunta de Goberno Local que tivo lugar o día 7 de Outubro de 2021, prestouse aprobación inicial aos seguintes padróns, correspondentes ao terceiro trimestre do ano 2021:
-

Padrón da taxa polo abastecemento de auga a domicilio, no que se inclúe o canon da auga 3º trimestre do ano 2021.

-

Padrón da taxa por recollida de lixo.

-

Padrón de sumidoiros.

Expóñense ao público polo pazo de 15 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no BOP de Lugo.
Recursos: Contra o acordo de aprobación dos padróns de: abastecemento de auga, recollida de lixo, rede de sumidoiros, e servizo de axuda no fogar, poderá interporse recurso de reposición.
Prazo de presentación do recurso: Un mes contado dende o día seguinte ao da finalización do período de exposición ao público dos padróns.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, que no seu caso se formule, poderá interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establezan na Lei Reguladora da referida xurisdicción.
A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo de un mes dende que se entende producida a notificación.
ANUNCIO DE COBRANZA
Para o cobro dos mesmos, os recibos seranlles cargados nas contas bancarias respectivas, e fíxase como período de cobro voluntario o prazo de dous meses, dende o día 15 de Outubro de 2021 ata o 15 de Decembro de 2021.
Finalizado o prazo pasarase o seu cobro pola vía de constrinximento, cos recargos previstos no artigo 28 de Lei 58/2003 de 17 de decembro, Facenda Pública, Lei Xeral Tributaria, a través do Servizo Provincial de Recadación da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
No tocante ao canon da auga, a falta de pago no período voluntario suporá a súa esixencia directamente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria.

Anuncio publicado en: Num BOP 239 año 2021 18/10/2021
15/10/2021 08:00:00
14:06:18

Anuncio

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/10/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date18/10/2021

Page count14

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Octubre 2021>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31