Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/10/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 14 DE OUTUBRO DE 2021

N.º 236

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA.
SERVIZO DE PATRIMONIO NATURAL
Anuncio Roberto Pedrido Rodríguez, con NIF 789 J, en representación da Sociedade de Cazadores Guitiriz e parroquias, con CIF G27137355, titular do tecor Guitiriz e parroquias LU-10015 solicita a segregación de 309,76 ha do tecor LU-10136 Picoto-Pedroso, distribuídas do seguinte xeito: 233,81 ha de terreos do MVMC Baamonde, no termo municipal de Begonte e 75,95 ha de terreos de particulares na parroquia de Baamonde no termo municipal de Begonte, para a súa posterior ampliación ao Tecor LU_10015 Guitiriz e parroquias.
O que fago público para o coñecemento xeral e que as persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan facer as alegacións que estimen convenientes no prazo DUN MES, dende a súa publicación no BOP.

R. 2894

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN.
SERVIZO DE ENERXÍA E MINAS
Anuncio Resolución do 27 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, da instalación eléctrica LMT DERIVADA ROSENDE I, no concello de Sober Exp. 2020/3
A.T.
Examinado o expediente instruído a instancia da empresa UFD Distribución Electricidad S.A., con enderezo para os efectos de notificación en Avda San Luis, 77, 28033 Madrid, aprécianse os seguintes Antecedentes de feito.
Primeiro.-Con data 6 de marzo de 2020, a citada empresa solicita a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica LMT DERIVADA ROSENDE
I, no concello de Sober, presentando o preceptivo proxecto das instalacións a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro BOE 27 de decembro do 2000, núm. 310, que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e xuntando a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico BOE do 27 de decembro de 2013, núm. 310 e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado.
Segundo.- O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante resolución desta xefatura territorial do 28 de xullo de 2021. Esta resolución foi publicada no diario El Progreso do 4 de agosto de 2021, no BOP de Lugo do 17 de agosto de 2021 e no DOG do 20 de agosto de 2021, no taboleiro de anuncios da citada xefatura territorial e no taboleiro de anuncios do concello de Sober. Con esta resolución inseríase a relación de bens e dereitos afectados.
Así mesmo, practicouse notificación individual aos interesados incluídos na referida relación de bens e dereitos afectados.
Terceiro.- Enviáronselles separatas relativas ao proxecto aos diferentes organismos afectados e cumpríronse os trámites establecidos no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
Cuarto.-Durante o trámite de información pública non se presentaron alegacións
Anuncio publicado en: Num BOP 236 año 2021 14/10/2021
13/10/2021 08:00:00
11:38:05

Lugo, 23 de setembro de 2021.- A xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Margarita López Blanco.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/10/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date14/10/2021

Page count7

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Octubre 2021>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31