Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/10/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 21 DE OUTUBRO DE 2021

N.º 242

XUNTA DE GALICIA
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN.
XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO. SERVIZO DE ENERXÍA E MINAS
Anuncio Resolución do 7 de outubro de 2021 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo. Expediente IN407A
2021-22AT
Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
- Peticionario: BEGASA
- Domicilio Social: Rúa Aller, Ulloa, Ramón María, 9. 27003 Lugo
- Situación: concello de Lugo - Visado: Si, Colexio oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia con número de visado 20210531 en data 23 de febreiro de 2021.
- Características técnicas principais:

Liña soterrada de media tensión a 20kV con orixe nun apoio existente da LMT aérea Augas e final no Centro de Transformación proxectado baixo poste 9330 Bóveda, cunha lonxitude de 20 metros de condutor tipo RHZ1150mm.

Centro de Transformación prefabricado baixo poste 9330 Boveda, cunha potencia proxectada de 250kVA e unha potencia inicial de 50kVA, relación de transformación 20.000/400-230V.

- Finalidade da instalación : Mellora de instalacións - Orzamento: 29.166,71 €
- Documentación complementaria:

Separata para o Concello de Lugo
Esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 230/2020, de 23 de decembro, polo que se establece la estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira: As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, debendo realizarse a Dirección de Obra por técnico competente.
Segunda: O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira: En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a lei 24/2013, de 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real Decreto 223/2008, de 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real Decreto 337/2014, de 9 de maio, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

Anuncio publicado en: Num BOP 242 año 2021 21/10/2021
20/10/2021 08:00:00
14:27:14

- Denominación: LÍNEA SUBTERRÁNEA DE MEDIA TENSIÓN Y CENTRO DE TRANSFORMACIÓN 9330 BOVEDA

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/10/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date21/10/2021

Page count8

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Octubre 2021>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31