Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/06/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 143 venres, 25 de xuño de 2021

BOP Lugo
Galicia. En toda a documentación achegada deberá referenciarse a clave do expediente que figura no encabezamento deste anuncio.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2021.- A directora de Augas de Galicia, Teresa María Gutiérrez López.
R. 1911

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS E ASISTENCIA AOS CONCELLOS
Anuncio ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO DE 18 DE XUÑO DE 2021 NA
QUE SE APROBA A CONVOCATORIA E BASES ESPECÍFICAS PARA AMPLIAR A LISTAXE DE EMPREGO DE
AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A, PARA PRESTAR SERVIZOS DE CARÁCTER TEMPORAL NA DEPUTACIÓN
PROVINCIAL DE LUGO.
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o día 18 de xuño de 2021
adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Logo de ver a proposta da Sra. Deputada Delegada da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, do seguinte teor:

Visto que está vixente unha listaxe de emprego temporal de Auxiliar Administrativo/a, na que neste momento non existen efectivos que podan incorporarse a prestar servizos, constatándose a necesidade de que a Entidade amplíe a citada listaxe para poder atender as necesidades dos servizos e xestionar axilmente a incorporación de efectivos cando sexa precisa e estea xustificada a súa incorporación conforme ás esixencias da normativa vixente, en particular ás referidas no artigo 19.4 da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021, proponse á Xunta de Goberno para que, segundo as facultades que lle confire artigo 59.5 do Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo de data 30.06.2020 publicado do BOP núm.
202, do 03.09.2020, acorde:
1º.- Aprobar a convocatoria do procedemento selectivo para a ampliación da listaxe de emprego temporal vixente de Auxiliar Administrativo/a, grupo C subgrupo C2, para xestionar de xeito áxil as necesidades deste tipo de persoal e poder efectuar nomeamentos ou contratacións de persoal temporal polas causas reguladas no art. 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público ou, no seu caso, polo artigo 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23
de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
2º.- Que a presente convocatoria se rexa polas bases xerais polas que se establecen as normas para a elaboración de listaxes para a prestación de servizos de carácter temporal na Deputación Provincial de Lugo cota xeral ou cota de discapacitados, aprobadas na Xunta de Goberno de 13.03. 2020 BOP núm. 079, de 6.04.2020, corrección de erros aprobados na Xunta de Goberno de 10.07.2020 BOP núm. 161 de 15.07.
2020.
3º.- Aprobar as bases específicas de Auxiliar administrativo/a que complementan as bases xerais, que rexen a elaboración de listaxes para prestación de servizos de carácter temporal na Deputación Provincial de Lugo que se sinalan no parágrafo anterior.
4º.- Convocar publicamente a quen, cumprindo os requisitos enumerados na base xeral 4 e na base específica 4, desexe participar no correspondente procedemento selectivo.
5º.- Ordenar a publicación da presente convocatoria e bases específicas no Boletín Oficial da Provincia e nos lugares determinados nas base xeral 3.
6º.- Realizar cantos trámites sexan necesarios para levar a cabo o correspondente procedemento selectivo.
A Xunta de Goberno, por unanimidade dos asistentes acorda prestar aprobación á proposta presentada e anteriormente transcrita.
Contra o presente acordo, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo, recurso de reposición, diante da Xunta de Goberno no prazo dun mes contado a partir do día seguinte o da publicación deste acordo no BOP ou ben recurso contencioso -administrativo diante do Xulgado Contencioso - Administrativo de Lugo no prazo de dous meses contados dende o día seguinte da citada publicación ,sen prexuízo de que se interpoña calquera outra que se estime oportuno.

Anuncio publicado en: Num BOP 143 año 2021 25/06/2021
24/06/2021 08:00:00
12:40:12

Vistos os criterios polos que se rexe a incorporación de persoal para prestar servizos temporais na Deputación Provincial de Lugo, regulados polas resolucións da presidencia das seguintes datas: 29.09.2009 BOP núm. 231, do 08.10.2009; 16.12.2011 BOP núm. 294, do 26.12.2011 e 14.02.2019 BOP núm. 039, do 15.02.2019;

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/06/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date25/06/2021

Page count59

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions