Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/06/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 25 DE XUÑO DE 2021

N.º 143

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA
Anuncio ANUNCIO do 2 de xuño de 2021 da dirección de Augas de Galicia, de apertura do trámite de competencia de proxectos do expediente de solicitude dunha concesión de augas superficiais para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico no río Ouro, concello do Valadouro, Lugo Clave: LU/17/175

-

Nome e enderezo do peticionario:

Desarrollos del Malache, SLU
Calle Argualas, 40, 1 derecha 50012 Zaragoza -

Destino do aproveitamento: Aproveitamento hidroeléctrico.

-

Caudal de auga solicitado: 450 l/s.

-

Corrente de onde se derivarán as augas: Río Ouro.

-

Termo municipal onde radican as obras: O Valadouro Lugo.

A antedita petición tramitarase de conformidade co disposto no artigo 105 do RDPH, abríndose deste modo o trámite de competencia de proxectos para que no prazo dun 1 mes, a contar desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia de Lugo, o peticionario presente instancia concretando a correspondente petición e demais aspectos previstos no antedito artigo 105 e achegue á mesma o proxecto e demais documentación prescrita no artigo 106 do Regulamento, admitíndose tamén, durante este prazo, outras peticións que teñan o mesmo obxecto que aquela ou sexan incompatibles coa mesma, podéndose presentar, xunto con estas, proxectos en competencia. Asemade, deberase achegar, de acordo co establecido no apartado 3 do artigo 106, o estudo ambiental que recolla e avalíe todas as afeccións ambientais do proxecto conforme á Lei 21/2013, do 9
de decembro, de avaliación ambiental.
Denegarase a tramitación posterior de toda petición que supoña unha utilización de caudal superior ao dobre do que figura máis enriba como petición base do concurso, de acordo co artigo 105 do RDPH, sen prexuízo de que, o peticionario que o pretenda poida, dentro do prazo fixado neste anuncio para a admisión de peticións, acollerse á tramitación indicada no parágrafo 3 do antedito artigo 105 do RDPH, remitindo a súa petición na forma prevista no artigo 104 do mesmo, e solicitando a paralización do trámite da solicitude publicada inicialmente. Neste caso, á petición achegará resgardo acreditativo do ingreso na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda e Administración Pública dunha fianza pola cantidade de sesenta mil 60.000 euros por cada m3/s de caudal solicitado, para responder da presentación do documento técnico correspondente á súa petición.
O desprecintado dos documentos técnicos realizarase na forma sinalada no artigo 107 do RDPH e terá lugar transcorridos quince días dende a conclusión do prazo de presentación de peticións nas dependencias do edificio administrativo de Augas de Galicia, sitas na rúa Tomiño, 16 Baixo, 15781, Santiago de Compostela.
As peticións xunto cos documentos técnicos e ambientais deberán presentarse na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, https sede.xunta.gal indicando no destino a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Augas de
Anuncio publicado en: Num BOP 143 año 2021 25/06/2021
24/06/2021 08:00:00
12:40:12

O ente público empresarial Augas de Galicia procede, mediante o presente anuncio, a someter a competencia de proxectos a instancia presentada relativa á solicitude dunha concesión de augas superficiais para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico no río Ouro conforme preceptúan os artigos 104 e seguintes do Real Decreto 849/1986, de 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do Dominio Público Hidráulico en diante RDPH, que establece un procedemento de tramitación de concesións e autorizacións administrativas para a instalación, ampliación ou adaptación de aproveitamentos hidroeléctricos.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/06/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date25/06/2021

Page count59

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions