Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/06/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 21 DE XUÑO DE 2021

N.º 139

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
REXISTRO XERAL
Anuncio Por resolución da presidencia de trinta e un de maio de dous mil vinte e un aprobouse a Instrucción relativa ao funcionamento de Rexistro de Funcionarios e Funcionarias Habilitadas da Excma. Deputación Provincial de Lugo
O Real decreto 1671/2009, do 6 de novembro, que desenvolve parcialmente a Lei 11/2007 sinala que para llevar a cabo a identificación e autenticación dos ciudadáns por funcionario público, nos servizos e procedemientos nos que resulte necesaria a utilización de sistemas de sinatura electrónica dos que os ciudadáns carezan, o funcionario público habilitado deberá dispoñer dun sistema de sinatura electrónica admitido polo órgano ou organismo público destinatario da actuación.
A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común, en adiante LPAC e a Lei 40/2015, do 1
de outubro, do Réxime xurídico do sector público, en adiante LRXSP, viñeron a sistematizar, clarificar e profundizar neste contido, establecendo a tramitación electrónica como a forma habitual de actuación da administración tanto nas súas relacións ad extra como nas ad intra.
A entrada en vigor deste novo marco legal supuxo un paso cualitativo nas relacións electrónicas entre a cidadanía e a administración e así, segundo dispón o art. 12 da LPAC, as obrigas da administración con relación á cidadanía non se circunscriben tan só á posta a disposición das persoas dos canles de acceso, sistemas e aplicacións necesarios que en cada caso se determinen, senón que tamén deberá asistir no uso de medios electrónicos ás persoas interesadas, non incluídas nos parágrafos 2 e 3 do art. 14 da mesma disposición, que así o soliciten, especialmente no referente á identificación e sinatura electrónica, presentación de solicitudes a través do Rexistro electrónico xeral e obtención de copias auténticas, ademais aqueles interesados que non dispoñan dos medio electrónicos necesarios, conforme ao mencionado art. 12 da lei 39/2015, poderán actuar no procedemento administrativo mediante sinatura electrónica de funcionario ou funcionaria habilitada específicamente para os efectos.
Para a prestación deste servizo, as administracións deberán manter actualizado un rexistro interoperable e interconectado cos das restantes administracións públicas, no cal consten os funcionarios e funcionarias que se habiliten tanto para as devanditas funcións como para as previstas no art. 27 do mesmo corpo legal no relativo á expedición de copias auténticas.
O Real Decreto 203/2021 de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos incide na esixencia da prestación deste servizo.
De conformidade coa normativa legal, sendo preciso establecer un procedemento para a designación dos funcionarios e funcionarias a través das cales se poderá materializar esta prestación de servizos e funcións propónse:
A aprobación da instrucción relativa ao funcionamento do Rexistro de Funcionarios e Funcionarias Habilitados da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
INSTRUCCIÓN RELATIVA AO FUNCIONAMENTO DO REXISTRO DE FUNCIONARIAS E FUNCIONARIOS
HABILITADOS NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
1.- OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN.
Ten por obxecto a ordenación, conforme ao estipulado nos arts. 12 e 27 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común, do funcionamento do Rexistro de Funcionarias e Funcionarios habilitados
Anuncio publicado en: Num BOP 139 año 2021 21/06/2021
18/06/2021 08:00:00
10:55:05

A Lei 11/2007, do 22 de xuño de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e o Real decreto 1671/2009, do 6 de novembro, que a desenvolve parcialmente, sentaban as bases para a incorporación das novas tecnoloxías nas relacións administrativas, consagrando o dereito dos e das cidadás a relacionarse electrónicamente coa administración. Establecendo como unha das súas finalidades, facilitar o acceso por medios electrónicos dos ciudadáns á información e ao procedemento administratitivo, con especial atención á eliminación das barreiras que limiten o citado acceso

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/06/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date21/06/2021

Page count18

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions