Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/06/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 30 DE XUÑO DE 2021

N.º 147

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE RÉXIME INTERIOR, PROMOCIÓN DO TERRITORIO E TURISMO SERVIZO TURISMO
Anuncio BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DO PROGRAMA COÑECE A TÚA PROVINCIA ANUALIDADE 2021

No marco das competencias sinaladas, co obxecto de dar cumprimento aos diversos obxectivos da Axenda 2030
das Nacións Unidas, e tamén co fin de paliar os efectos xerados pola pandemia da Covid 19 no tecido produtivo da provincia de Lugo, a Deputación de Lugo leva desenvolvendo diversas políticas e accións. Co compromiso de continuar loitando contra os efectos da crise sanitaria, en febreiro de 2021 presentouse o Plan de impulso da economía da provincia de Lugo. Neste plan inclúese un decálogo con dez medidas de apoio directo, de promoción e de incentivo do consumo coas que se pretende contribuír a manter e recuperar os sectores económicos máis afectados polas restriccións sanitarias, sobre todo a hostalería, o turismo e o comercio local. Dentro destas medidas atópase o programa COÑECE A TÚA PROVINCIA, que ten como obxectivos esenciais:
- Contribuír á reactivación da hostalería e do turismo provincial para axudar a paliar os efectos adversos provocados pola pandemia da Covid 19, favorecendo a creación e mantemento do emprego directo e indirecto.
- Apoiar e dar visibilidade tanto aos diferentes destinos como aos establecementos e profesionais que forman parte da cadea de valor do sector do turismo e da hostalería na provincia de Lugo.
- Contribuír á recuperación da confianza da demanda turística e á promoción da provincia de Lugo como destino seguro.
- Servir como instrumento de sensibilización das veciñas e veciños sobre o potencial turístico dos 67 concellos da provincia de Lugo e da importancia da preservación do seu legado natural e cultural como elemento que contribúe ao desenvolvemento sostible no eido económico, social e medioambiental.
- No marco da Axenda 2030 meta 8.9, impulsar un turismo sostible, que cree postos de traballo e promova a cultura e os produtos locais.
Con estes obxectivos, a Deputación de Lugo, a través da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, convoca a primeira edición deste programa, dirixido a entidades sen ánimo de lucro da provincia de Lugo, a cuxa disposición se pon un catálogo de 37 itinerarios que abarcan os 67 concellos da provincia.
BASES
Primeira: obxecto O obxecto destas bases é a regulación da concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de excursións dentro da provincia de Lugo no marco do programa COÑECE A TÚA PROVINCIA anualidade 2021.
Segunda: destinatarios Poderán participar neste programa todas as entidades sen ánimo de lucro legalmente constituídas con sede na provincia de Lugo.
Na anualidade 2021 ofertaranse un máximo de 1242 prazas.

Anuncio publicado en: Num BOP 147 año 2021 30/06/2021
29/06/2021 08:00:00
13:40:32

A Deputación de Lugo, de conformidade co establecido no artigo 36 apartado d da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, asume competencias en materia de cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e na planificación no territorio provincial, sen prexuízo das competencias que neste ámbito correspondan ás demais Administracións Públicas. Asemade, de acordo co establecido no artigo 6º apartado a da Lei 7/2011, de 27 de outubro, do Turismo de Galicia, as entidades locais de ámbito supramunicipal asumirán competencias no eido da promoción dos recursos turísticos e xeodestinos, segundo a definición contemplada no artigo 23.1, que se determinen dentro do seu ámbito territorial, en coordinación con todos os entes locais afectados e a Administración autonómica.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/06/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date30/06/2021

Page count33

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions