Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/06/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

7

Núm. 141 mércores, 23 de xuño de 2021

BOP Lugo
Considerarase neste apartado a asistencia a cursos, seminarios, congresos, jornadas ou similar impartidos por organismos públicos e/ou oficiales, e organismos privados, relacionada co posto a desempeñar, valorándose mediante a aplicación da seguinte fórmula:
Centros de Formación Públicos: Nº horas X 0,005 puntos.
Centros de Formación Privados: Nº horas X 0,002 puntos.
Aplicarase a fórmula de valoración a aqueles cursos dunha duración inferior ou igual, nunca superior a 250 horas, e decir, o máximo establecido na duración dun curso para o seu cómputo e de 250 horas.
Neste apartado non se valorará a titulación académica esixida para o acceso ao posto correspondente nin as que resulten necesarias para obter a titulación superior.
Valoraranse outras titulacions académicas complementarias e directamente relacionadas co posto con 1 punto.
Formación extraacadémica impartida.
Consideraranse neste apartado os cursos, as conferencias, os seminarios, as comunicacions a congresos, as ponencias, etc. organizados polos organismos públicos e as publicacions.
Por cada hora de curso: 0,05 puntos.
Por conferencia ou ponencia en cursos, seminarios ou xornadas: 0,15 puntos.
Por cada comunicación: 0,10 puntos.
Por cada artículo en revista especializada: 0,40 puntos.
Por cada capítulo de libro: 0,40 puntos/Nº de autores, sin poder exceder de 1 punto.
Por cada libro: 1 punto/Nº de autores.

7.1. Acreditación Os méritos alegados acreditaranse mediante a copia auténtica dos diplomas ou certificados expedidos polos organismos ou entidades correspondentes.
A experiencia laboral deberá vir debidamente acreditada cos contratos de traballo ou certificados de empresa, onde se indique de forma clara o seu inicio e finalización dos mesmos, así como a categoría profesional pola que fora contratado.
Achegarase así mesmo, informe de vida laboral.
7.2. Valoración, relación de aprobados e proposta de resolución.
A cualificación definitiva do proceso selectivo estará determinada pola suma total das puntuacións obtidas na fase de concurso.
Finalizado o proceso de realización das probas establecidas e a avaliación dos méritos que anteriormente se concretan, a Comisión Técnica de Selección confeccionará a listaxe dos/as aspirantes que superaron o proceso selectivo por orde decrecente de puntuación, e remitirá ao órgano competente proposta de candidato/a para a formulación do contrato, concedéndose un prazo de 2 días hábiles para alegacións que resolverá o Alcalde, previo informe da comisión de selección.
O órgano competente procederá á formalización do contrato previa acreditación das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria.
8. Constitución de bolsa de emprego Constituirase una bolsa de emprego coas persoas que superen a fase de concurso e non resultaran seleccionadas para a formalización do contrato, a fin de que poida ser utilizada en futuros chamamentos que puidesen resultar necesarios para cubrir vacantes temporalmente, debidas a calquera circunstancia sobrevida. A bolsa será ordenada segundo a puntuación obtida na oposición mais os méritos acreditados, seguindo o procedemento de publicidade e alegacións descrito no apartado anterior.
9. Incidencias A Xurisdición competente para resolver as controversias en relación cos efectos e resolución do contrato laboral será a Xurisdición Social.
No non previsto nas bases será de aplicación a Lei 2/2015, de 29 de abril, do Emprego Público de Galicia; a Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local; o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local; Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro; o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, e o Convenio Colectivo do Persoal do Concello de Palas de Rei.

Anuncio publicado en: Num BOP 141 año 2021 23/06/2021
22/06/2021 08:00:00
14:15:27

En caso de empate en la fase de concurso se estará a lo dispuesto en el artículo 44 del Real Decreto 364/1995.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/06/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date23/06/2021

Page count9

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions