Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/06/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 134 martes, 15 de xuño de 2021

BOP Lugo
O posto de traballo a desempeñar polo/a traballador/a relevista será Oficial de Primeira.
A modalidade do contrato é de substitución, regulada no artigo 12.6 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23
de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores. Celebrarase cun traballador en situación de desemprego e rexistrado na Oficina de Emprego. A duración do contrato será igual á do tempo que falte o traballador substituído para alcanzar a idade de xubilación. Se ao cumprir dita idade o traballador xubilado parcialmente continuase na empresa, elcontrato de substitución que se celebrou por duración determinada poderá prorrogarse mediante acordo coas partes por períodos anuais, extinguíndose en todo caso ao finalizar o período correspondente ao ano no que se produza a xubilación total do traballador relevado. O posto de traballo a desempeñar polo/a traballador/a relevista será o mesmo que o do traballador substituído, é dicir, como Oficial de 1º TERCEIRA. CONDICIÓNS DE ADMISIÓN DE ASPIRANTES

-

Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da citada norma.

-

Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

-

Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. Só por lei poderá establecerse outra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público.

-

Non ser separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin acharse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado/a ou inhabilitado/a. No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ser sometido/á sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

-

Estar en posesión do título de Graduado Escolar, Educación Xeral Básica EGB ou FP1 ou FP de primeiro grao ou módulo profesional nivel II ou módulo experimental de nivel II ou ciclos formativos de grao medio.

-

Estar en posesión do permiso de conducir C

-

Estar en posesión do CELGA 3

-

Atoparse en situación de desemprego e estar rexistrado como demandante de emprego, non ocupado, na Oficina de Emprego, tanto no momento da presentación de instancias, da selección e da contratación.

Todos os requisitos esixidos deberán reunirse o día en que finalice a presentación de instancias e gozar dos mesmos durante o procedemento de selección e mentres se permaneza na lista de espera. Se se trata de títulos obtidos no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación.
CUARTA. FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS
As solicitudes Anexo I requirindo tomar parte nas correspondentes probas de acceso nas que os/ as aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas presentes bases xerais para a Bolsa de Traballo que se opte, dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Cospeito, e presentaranse no Rexistro de Entrada deste Concello en horario de 9 a 14:00 horas ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, no prazo de DEZ DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación no BOP, en Taboleiro de Anuncios, Sede electrónica e páxina web do Concello de Cospeito. O cómputo de prazos determinarao a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Calquera forma de presentación que non sexa directa no Rexistro de Entrada Municipal requirirá o envío simultáneo, coa mesma data de presentación, mediante correo electrónico dirixido ao Excmo. Concello de Cospeito á dirección electrónica concellodecospeito@concellodecospeito.es As bases das probas selectivas, así como as correspondentes convocatorias, publicaranse no BOP, en Taboleiro de Anuncios, Sede electrónica e páxina web do Concello de Cospeito.
A solicitude deberá ir acompañada por:
-

Instancia de solicitude ANEXO I.

-

Fotocopia do DNI NIE para cidadáns da UE ou TIE nos demais casos de estranxeiros ou, no seu caso, pasaporte.

-

Titulación esixida na Base Terceira.

-

Fotocopia do permiso de conducir C

-

Méritos que deban ser valorados na fase de concurso: Contratos de traballo, certificados de empresa, etc.

Anuncio publicado en: Num BOP 134 año 2021 15/06/2021
14/06/2021 08:00:00
13:56:31

Para formar parte nas probas de selección, será necesario reunir os requisitos establecidos no artigo 56 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30
de outubro:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/06/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date15/06/2021

Page count89

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions