Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/06/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

24

Núm. 132 sábado, 12 de xuño de 2021

BOP Lugo
MINISTERIO DE FACENDA
BASE DE DATOS NACIONAL DE SUBVENCIÓNS BDNS - XERMADE
Anuncio APROBACIÓN DAS BASES E CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A FAMILIAS POLO
NACEMENTO, ADOPCIÓN OU ACOLLEMENTO DE FILLO/A, ANO 2020-2021
BDNS Identif.: 568956
De conformidad con lo previsto en los artículos 17.3.b y 20.8.a de la Ley 38/2003, de 17 de noviembre, General de Subvenciones, se publica el extracto de la convocatoria cuyo texto completo puede consultarse en la Base de Datos Nacional de Subvenciones https www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/568956
A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade aprobou, na sesión ordinaria que tivo lugar o 12 de maio de 2021, as bases e a convocatoria pública de subvencións municipais a familias polo nacemento, adopción ou acollemento de fillo/a para o ano 2021-2022, cuxo texto íntegro se transcribe de seguido:
BASES PARA A CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A FAMILIAS POLO NACEMENTO, ADOPCIÓN OU ACOLLEMENTO DE FILLO/A, ANO 2020-2021. EXPTE. 122/2021.
1.- DISPOSICIÓNS XERAIS
Estas normas teñen por obxecto establecer os criterios e os procedementos para a concesión de subvencións municipais do Concello de Xermade, por nacemento, adopción ou acollemento de fillo/a no presente exercicio.
Os principios ós que se suxeitarán os procedementos de outorgamento de subvencións son os seguintes:
publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, eficacia, eficiencia, voluntariedade e non vinculación para futuras subvencións.

2.- OBXECTO, FINALIDADE E FINANCIAMENTO DAS SUBVENCIÓNS
A presente convocatoria ten por obxecto o establecemento de axudas económicas polo nacemento, adopción ou acollemento de fillo/a.
Establécese na base de execución do orzamento 51 unha subvención de 900,00 € por neno/a nacido/a no Concello do 1 de decembro de 2020 ao 30 de novembro do ano 2021, sempre que se solicite polos proxenitores e se acredite un empadroamento dun destes no Concello dende o 1 de xaneiro de 2020, debendo a crianza cumprir os seguintes requisitos:
1º. Permanecer inscrito no padrón polo prazo mínimo de tres 3 anos.
2º. Matricularse no CEIP de Xermade en 4º de Educación Infantil ou no curso que corresponda, no caso de adopción ou acollemento.
No caso de que se incumpra algún destes requisitos, procederá o reintegro da subvención.
A dotación orzamentaria é de sete mil douscentos 7.200,00€ euros.
O gasto derivado das subvencións outorgadas por actuacións recollidas neste apartado imputarase á partida 231.480 do Orzamento Xeral do Concello de Xermade para o ano 2021.
No caso de que quedaren sen atender subvencións por nenos/as nacidos/as no exercicio anterior por falta de crédito orzamentario, atenderase prioritariamente ás mesmas sempre que cumpran os mesmos requisitos referidos ó exercicio anterior. Atenderase á subvención por orde de data de nacemento.
Os/As nenos/as nacidos en decembro de 2021 terán prioridade no outorgamento de subvencións no vindeiro exercicio.
3.-BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas nas presentes Bases os proxenitores de fillos/as nados/as do 1 de decembro de 2020 ao 30 de novembro do ano 2021, sempre que conste acreditado o empadroamento dun destes no Concello dende o 1 de xaneiro de 2020 coa excepción da base anterior, debendo o nacido cumprir os seguintes requisitos:
1º. Permanecer inscrito no padrón polo prazo mínimo de tres 3 anos.
2º. Matricularse no CEIP de Xermade en 4º de Educación Infantil ou no curso que corresponda, no caso de adopción ou acollemento.
No caso de que se incumpra algún destes requisitos, procederá o reintegro da subvención.
Asemade deberán acreditar:

Anuncio publicado en: Num BOP 132 año 2021 12/06/2021
11/06/2021 08:00:00
10:47:22

A concesión das subvencións previstas nas presentes bases tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, tal e como se define nas Bases da 44 a 51 de Execución do Orzamento.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/06/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date12/06/2021

Page count26

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions