Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/06/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 125 venres, 4 de xuño de 2021

BOP Lugo
O pagamento dos citados tributos poderase domiciliar, para anos sucesivos, en caixas de aforros, bancos e demais entidades financeiras. Para este trámite será necesario cubrir o impreso de domiciliación que acompaña ao documento cobratorio e remitilo ao Servizo de Xestión Tributaria e Recadación, ou ben entregalo en calquera oficina de ABANCA, cando a domiciliación se refira a unha conta aberta nesta entidade.
Infórmase tamén que, transcurrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas faranse efectivas pola vía de constriximento e serán esixibles as recargas do período executivo e os xuros de mora correspondentes, tal como estipulan os artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, do dezasete de decembro, xeral tributaria e, se é o caso, as custas que se produzan.
A falta de pagamento do Canon da Auga e do Coeficiente de Vertedura, no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuíente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga e do Coeficiente de Vertedura poderá ser obxecto de reclamación económico administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.
Lugo, 20 de maio de 2021.- O Presidente, P. D. Decreto, de data 24/07/2019 A Deputada Delegada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez.
R. 1486

CONCELLOS
BEGONTE
Anuncio
Por Resolución desta Alcaldía de data 31 de maio de 2021, aprobáronse as bases que rexerán a selección - en réxime laboral temporal e mediante concurso oposición - de 1 Xefe de Brigada, 3 Peóns de Brigada e 1 PeónCondutor para a constitución no municipio dunha Brigada de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais para este ano.
As devanditas bases están a disposición dos interesados na páxina web do Concello www.concellodebegonte.es e no Taboleiro municipal de anuncios, sendo o prazo de presentación de solicitudes de dez 10 días naturais a contar desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Begonte, 31 de maio de 2.021.- O Alcalde, José Ulla Rocha.
R. 1602

FOZ
Anuncio Por Decreto de Alcaldía de data 25 de maio de 2021, aprobáronse os Padróns do Prezo Público pola prestación do servizo de axuda no fogar dos meses de marzo e abril de 2021, así como a apertura dun período de información pública por prazo de vinte días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no B.O.P. para consultar o seu contido e presentar as alegacións que estimen oportunas, rematado este prazo sen presentarse reclamacións, entenderanse definitivamente aprobados.
O período de cobro en período voluntario fíxase entre o 1 de xuño e o 31 de xullo de 2021.
Ao día seguinte do vencemento do prazo do ingreso en período voluntario iniciarase o procedemento executivo e o administrativo de constrinximento, e devengarán as débedas as recargas do período executivo así como os correspondentes xuros de mora en virtude dos artigos 26, 27 e 28 da Lei Xeral Tributaria.
Contra as liquidacións de carácter tributario que se deriven dos presentes padróns poderase interpoñer recurso de reposición previo ao contencioso-administrativo, no prazo dun mes a contar dende a finalización do período de exposición pública de conformidade co establecido no artigo 14.2.c do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5
de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Contra a desestimación expresa ou presunta do recurso de reposición poderán interpoñer recurso contenciosoadministrativo ante os órganos e na forma e prazos determinados na Lei reguladora desta Xurisdición.
Foz, 25 de maio de 2021.- O alcalde, Francisco Cajoto Caserío.
R. 1603

Anuncio publicado en: Num BOP 125 año 2021 04/06/2021
03/06/2021 08:00:00
12:11:55

CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL: BRIGADA MUNICIPAL DE
PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS 2021.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/06/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date04/06/2021

Page count18

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions