Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/10/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 249 venres, 30 de outubro de 2020

BOP Lugo
CONCELLO

PERIODO

TAXAS

SARRIA

Exercicio-2020

Taxa de recollida do lixo no medio rural
SARRIA

Exercicio-2020

Taxa entrada de vehículos a traverso beirarrúas
O VALADOURO

1º-semestre-2020

Taxa auga, lixo, sumidoiros, canon da auga e coeficiente vertedura Xunta de Galicia
Os Padróns poderán ser consultados polos interesados na Deputación Provincial de Lugo/ Servizo de Xestión Tributaria e Recadación rúa Tui, nº 5-baixo 27004- Lugo e no Concello correspondente, durante o prazo de QUINCE DIAS contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As liquidacións obxecto de notificación colectiva teñen carácter provisional segundo o disposto no art. 101.4 da Lei Xeral Tributaria e, en contra destas, poderase interpoñer recurso de reposición perante o órgano competente do Concello, no prazo DUN MES, a contar dende o día seguinte da finalización do prazo de exposición. Poderase exercitar, non obstante, calquera outro recurso que se considere procedente. Todo iso, en virtude co establecido no art. 14.2 do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais.
O Presidente, P. D. Decreto, de data 24/07/2019.- A Deputada Delegada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas. Mayra García Bermúdez.
ANUNCIO DE COBRANZA
Recadacion en período voluntario de débedas tributarias de vencemento periódico.
De conformidade co establecido nos artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, aprobado por Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, comunícase que o prazo de ingreso en período voluntario de Taxas e Prezos Públicos, relacionados abaixo, empezará a contar o día 30/10/2020 e finalizará o día 30/12/2020, ambos os dous incluidos.

CONCELLO

PERIODO

TAXAS

SARRIA

Exercicio-2020

Taxa de recollida do lixo no medio rural
SARRIA

Exercicio-2020

Taxa entrada de vehículos a traverso beirarrúas
O VALADOURO

1º-semestre-2020

Taxa auga, lixo, sumidoiros, canon da auga e coeficiente vertedura Xunta de Galicia
O ingreso das débedas realizarase en calquera oficina da Entidade ABANCA, La Caixa - Caixabank SA, Banco Bilbao Vizcaya Argentaria S. A. BBVA e Banco Sabadell S.A., en días laborables, de luns a venres, de 08:30 a 14:00 h, na que se presentará o documento de ingreso que se envía, por correo, aos domicilios dos contribuíntes. As persoas que non reciban ou extravíen o documento de ingreso, poderán solicitar un novo na oficina da entidade bancaria e realizarán, igualmente, o pagamento.
O pagamento dos citados tributos poderase domiciliar, para anos sucesivos, en caixas de aforros, bancos e demais entidades financeiras. Para este trámite será necesario cubrir o impreso de domiciliación que acompaña ao documento cobratorio e remitilo ao Servizo de Xestión Tributaria e Recadación, ou ben entregalo en calquera oficina de ABANCA, cando a domiciliación se refira a unha conta aberta nesta entidade.
Infórmase tamén que, transcurrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas faranse efectivas pola vía de constriximento e serán esixibles as recargas do período executivo e os xuros de mora correspondentes, tal como estipulan os artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, do dezasete de decembro, xeral tributaria e, se é o caso, as custas que se produzan.
A falta de pagamento do Canon da Auga e do Coeficiente de Vertedura, no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuíente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga e do Coeficiente de Vertedura poderá ser obxecto de reclamación económico administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.
O Presidente, P. D. Decreto, de data 24/07/2019.- A Deputada Delegada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez.
R. 2542

Anuncio publicado en: Num BOP 249 año 2020 30/10/2020
29/10/2020 08:00:00
10:53:02

Relación de tributos e concellos:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/10/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date30/10/2020

Page count7

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions