Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/10/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 19 DE OUTUBRO DE 2020

N.º 239

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 1 de outubro de 2020 da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración da ampliación da autorización de explotación de recursos da sección A denominada MONTERREY núm. 204, situada no termo municipal de Vilalba na provincia de Lugo.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación e o plan de restauración se atopa dispoñible ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Lugo, e no portal web da dita Consellería https ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras. As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas á xefa territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 1 de outubro de 2020.- Pilar Fernández López, Xefa territorial de Lugo Disposición transitoria terceira do DECRETO 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, DOG 18.09.2020
2448

CONCELLOS
CERVO
Anuncio Aprobada inicialmente en sesión plenaria ordinaria de data 23 de xullo de 2020 a modificación do Regulamento de réxime interno da Escola Infantil, ao non terse presentado reclamacións contra a mesma, procédese a publicar o texto completo da citada modificación, entrando en vigor ao día seguinte da súa publicación no BOP
Artigo 9.- Horarios A Escola Infantil Municipal de Cervo poderá prestar servizos de luns a venres, ambos inclusive, durante todo o ano, agás os días festivos, sábados e domingos.
A Escola Infantil permanecerá aberto de 8.30 a 19.00h.
A Escola Infantil poderá pechar, en función da demanda, os meses de xullo ou agosto, ou reducir o seu horario de tarde durante este período.
O horario máximo de permanencia dos nenos/as no centro será de 8 horas diarias.
O alumnado deberá gozar dun mes enteiro de vacacións dentro do período de setembro a agosto do curso escolar.

Anuncio publicado en: Num BOP 239 año 2020 19/10/2020
16/10/2020 08:00:00
12:31:59

En cumprimento do disposto no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minería de Galicia e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración da ampliación da autorización de explotación de recursos da sección A denominada MONTERREY núm. 204, situada no termo municipal de Vilalba na provincia de Lugo.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/10/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date19/10/2020

Page count14

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions