Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/10/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 2 DE OUTUBRO DE 2020

N.º 227

CONCELLOS
ALFOZ
Anuncio Por Resolución de Alcaldía de 25 de setembro de 2020, apróbase a Convocatoria e as Bases Específicas para a selección de persoal temporal dun/dunha Animador turístico PROGRAMA: FOMENTO DE EMPREGO 2020
PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2020 DA DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO e creación dunha listaxe de emprego temporal.
CONVOCATORIA
O obxecto desta convocatoria é proceder á provisión, con carácter provisional, do seguinte emprego no Concello de Alfoz.

-

Nº empregos: 1.

-

Denominación: Animador turístico Programa Fomento de Emprego 2020 Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2020.

-

Réxime Xurídico: Funcionario interino art. 10.1.c/ EBEP.

-

Clasificación: Grupo C Subgrupo C2.

-

Duración vínculo de servizo: 11 meses desde a formalización do contrato e cun límite temporal do 30/09/2021.

-

Duración xornada: Media xornada 50%

Listaxe de emprego temporal para a praza de Animador Turístico -

Modalidade da listaxe: Específica
O extracto da convocatoria e as bases específicas publicarase no Boletín Oficial da Provincia BOP, no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina web www.concellodealfoz.com.
Prazo de presentación: Será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e das bases no BOP.
Lugar de presentación: Será no Rexistro Xeral do Concello ou a través das formas establecidas na vixente Lei do Procedemento Administrativo Común.
BASES ESPECÍFICAS POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DUN EMPREGO:
ANIMADOR TURÍSTICO, COMO FUNCIONARIO INTERINO ART. 10.1.C/ EBEP, A TRAVÉS DO SISTEMA DE
CONCURSO-OPOSICIÓN, PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE ALFOZ PROGRAMA: FOMENTO DO
EMPREGO 2020 PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2020 DA DEPUTACION
PROVINCIAL DE LUGO, E CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE EMPREGO TEMPORAL.
1. OBXECTO.
Constitúe o obxecto das presentes bases específicas, que complementan as bases xerais polas que se establecen as normas para a selección de persoal para prestar servizos no concello de Alfoz publicadas no BOP de Lugo de data 23 de novembro de 2017, a regulación do procedemento de selección mediante sistema de concursooposición do posto de ANIMADOR TURÍSTICO a xornada parcial 50% ao abeiro do Programa de Fomento do Emprego 2020 de conformidade co Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2020 da Deputación provincial de Lugo, publicado no BOP de Lugo de data 3 de abril de 2020.
2. DENOMINACIÓN DO EMPREGO E CARÁCTERÍSTICAS:
-

DENOMINACIÓN: Animador turístico.

-

Grupo/subgrupo Profesional: C/C2.

Anuncio publicado en: Num BOP 227 año 2020 02/10/2020
01/10/2020 08:00:00
13:05:01

Denominación e características obxecto da convocatoria do emprego de Animador turístico:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/10/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date02/10/2020

Page count33

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions