Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/10/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 14 DE OUTUBRO DE 2020

N.º 235

CONCELLOS
CERVO
Anuncio APERTURA DA BOLSA DE EMPREGO DO CONCELLO DE CERVO PARA POSTOS DE TRABALLO DE AUXILIAR DE
AXUDA NO FOGAR
De conformidade co Decreto de Alcaldía número 2020-0795 de 06 de outubro de 2020, faise a convocatoria para a apertura da bolsa de emprego do Concello de Cervo para postos de traballo de auxiliar de axuda no fogar.
A convocatoria e as bases aprobadas están a disposición dos interesados no Rexistro Xeral do Concello de Cervo e na súa páxina web www.concellodecervo.com.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

R. 2434

FRIOL
Anuncio Convocatoria procedemento de selección de persoal para elaboración de listaxe temporal da subescala de administración xeral, subescala administrativo.
Por resolución da Alcaldía de seis de outubro do actual, procedeuse á aprobación das bases en orde a establecer o procedemento de selección para elaboración de listaxe de emprego temporal para prestar servizos como funcionario interino de administrativo/a do Concello de Friol Grupo C, subgrupo I. Elo por calquera causa que xustifique o chamamento, de conformidade co establecido na lexislación vixente, por considerar completamente inviable a prestación destos servizos clasificados en sectores considerados como prioritarios. A falta de cobertura dalgún dos postos provocaría, de manterse no tempo, a práctica parálise da xestión ordinaria municipal dada a escaseza de efectivos, así como o exceso ou acumulación de tarefas. Polo tanto, ante estas circunstancias, requírese que o Concello conte con persoal que poida dedicarse de xeito específico e inmediato a tales ocupacións, permitindo manter o funcionamento regular das oficinas xerais do Concello. Polo tanto, e aínda tendo en conta as limitacións das leis xerais de orzamentos, en relación coa contratación de persoal temporal, así como ao nomeamento de persoal estatutario temporal e de funcionarios interinos excepto os casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables, considérase que está plenamente xustificado a convocatoria da listaxe, para dispor de persoal que puidera desempeñar tales funcións en orde á necesidade na continuación da prestación de servizos.
De conformidade co disposto na resolución, procédese á convocatoria, de conformidade coas bases que se transcriben a continuación:
BASES REGULADORAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL PARA ELABORACIÓN DE LISTAXE TEMPORAL DA
ESCALA ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA ADMINISTRATIVO.1.- Obxecto da convocatoria.- é obxecto das presentes bases establecer o procedemento de selección para elaboración de listaxe de emprego temporal para prestar servizos como funcionario interino de administrativo/a do Concello de Friol Grupo C, subgrupo I. Elo por calquera causa que xustifique o chamamento, de conformidade co establecido na lexislación vixente.
A regulación da relación xurídica será conforme ao disposto no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, así como no disposto na lei 2/2015 de 2 de abril, de emprego público de Galicia.

Anuncio publicado en: Num BOP 235 año 2020 14/10/2020
13/10/2020 08:00:00
12:12:35

Cervo, 7 de outubro de 2020.- O alcalde, Alfonso Villares Bermúdez.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/10/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date14/10/2020

Page count20

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions