Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/10/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 247 mércores, 28 de outubro de 2020

BOP Lugo
Bases xerais para a selección de persoal funcionario interino e persoal laboral temporal do Concello de Palas de Rei, mediante listas de substitución 1. Normas xerais.
1.1. Obxecto.
O obxecto das presentes bases é a regulación da selección de persoal funcionario interino e persoal laboral temporal do Concello de Palas de Rei, mediante listas de substitución.
1.2. Xustificación da necesidade.
O chamamento dos/as aspirantes que figuren nas listas de substitución, utilizarase cando por razóns expresamente xustificadas de necesidade e urxencia sexa necesario o nomeamento de funcionarios/as interinos/as ou a contratación de persoal laboral temporal e sempre e cando se dea algunha das seguintes circunstancias:
- A existencia de prazas vacantes cando non sexa posible a súa cobertura definitiva por persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo.
- A substitución transitoria dos/as titulares de postos incluídos no Cadro de Persoal do Concello de Palas de Rei.
- Exceso ou acumulación de tarefas, ou execución de programas de carácter temporal, cando os requisitos esixidos para o nomeamento ou contratación coincidan cos requisitos requiridos no proceso selectivo realizado para formar a correspondente lista de substitución.
1.3. Principio de transparencia e publicidade activa.
As presentes bases xerais publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
As convocatorias específicas, a formación e a modificación das listas de substitución aprobaranse por resolución do alcalde e publicaranse no taboleiro de anuncios e na páxina web oficial do Concello de Palas de Rei.
As listas de substitución en vigor permanecerán publicadas na páxina web do Concello de Palas de Rei.
2. Listas de substitución.
2.1. Formación. Procedemento ordinario Unha vez celebrados os procesos selectivos para o acceso a prazas incluídas na oferta de emprego público, cos datos achegados polo tribunal formaranse unhas listas de substitución con aqueles/as aspirantes que non tiveran superado o proceso selectivo, e que tiveran aprobado algún dos exercicios da fase de oposición.
2.2. Formación. Procedemento extraordinario.
No caso de que, por non terse celebrado procesos selectivos ou as listas formadas polo procedemento ordinario estiveran esgotadas, poderanse formar listas de substitución mediante a aprobación dunha convocatoria específica e de conformidade co disposto no Anexo I destas bases.
2.3. Exclusión.
1. Serán motivos de exclusión dun/ha integrante da lista, salvo causa xustificada ou de forza maior que deberán ser suficientemente acreditadas, os seguintes:
- Non aceptar, ou non responder dentro do prazo fixado, tras a realización dunha oferta.
- Non presentar dentro do prazo fixado tras a aceptación dunha oferta, a documentación requirida para o nomeamento de persoal funcionario interino ou a contratación como persoal laboral temporal, ou se da mesma se deducise que carece dalgún dos requisitos esixidos.
- Renunciar á continuidade no desempeño dun posto de traballo, ou ter sido separado do servizo por sanción disciplinaria e/ou por despido declarado procedente, unha vez que foi nomeado/a ou contratado/a.
- Non presentar solicitude de participación no proceso de renovación da lista de substitución cando sexan convocadas.
2. Considéranse causas xustificadas para a non exclusión dun integrante da lista as seguintes situacións:
- Estar traballando no Concello de Palas de Rei como persoal funcionario interino ou persoal laboral temporal por ter aceptado unha oferta realizada anteriormente.
- Estar en situación de baixa por enfermidade acreditada por certificado médico oficial.
- Ser beneficiaria/o dunha prestación recoñecida pola seguridade social maternidade, paternidade, risco durante o embarazo, etc., razón de garda legal ou coidado de dependentes.
2.4. Vixencia.
As listas de substitucións estarán vixentes ata a aprobación dunha nova lista da praza en cuestión polos procedementos establecidos nestas bases. Na resolución de aprobación da nova lista farase mención expresa á

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/10/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date28/10/2020

Page count18

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions