Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/10/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

14

Núm. 239 luns, 19 de outubro de 2020

BOP Lugo
Así mesmo, para o gozar do total da axuda da modalidade 6 de master deberá acreditarse documentalmente un gasto superior á cantidade para conceder, entendéndose como gastos a xustificar os derivados da matrícula, gastos de estancia, gastos de desprazamentos, gastos de alimentación e/ou gastos de material, e no caso de non xustificar o total da axuda, esta se prorrateará.
Os gastos deberán ser xustificados con facturas, taxas de matrícula, contratos estancia ou calquera outro gasto que acredite fidedignamente a realización do gasto sen admitirse simples recibos nin declaracións.
Sexto. Prazo de presentación das solicitudes Os interesados en acceder ás bolsas e axudas deberán solicitalo no impreso normalizado facilitado polo Concello e acompañar a documentación sinalada na Cláusula Oitava.
As solicitudes atoparanse a disposición dos interesados e poderán presentarse a través da sede electrónica do Concello de Xove así como nas dependencias de Servizos Sociais do Concello e dirixiranse ao Alcalde-Presidente do Concello de Xove.
O prazo de presentación das solicitudes será de 20 días naturais contados a partir da data de publicación pola Base de datos Nacional de Subvencións do Extracto da Convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Este prazo poderá ser prorrogado, excepcionalmente por Resolución motivada do Sr. Alcalde-Presidente, sen que en ningún caso a duración da devandita prórroga poida exceder de 10 días.
Así mesmo, tamén poderán presentarse ditas instancias no rexistro e oficinas, de acordo co previsto no artigo 66 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Xove, 9 de outubro de 2020.- O Alcalde.- José Demetrio Salgueiro Rapa.

Anuncio publicado en: Num BOP 239 año 2020 19/10/2020
16/10/2020 08:00:00
12:31:59

R. 2463

Powered by TCPDF www.tcpdf.org

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/10/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date19/10/2020

Page count14

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions