Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/10/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 235 mércores, 14 de outubro de 2020

BOP Lugo
Decreto 896/1991, de 7 de xuño polo que se establecen as regas básicas e os programas mínimos aos que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local.
5.-Requisitos dos/as aspirantes.- serán requisitos mínimos dos/as aspirantes ao proceso selectivo, en aplicación do artigo 56 do TREBEP:
a Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou de calquera daqueles Estados aos que en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos establecidos na normativa vixente. Ademais, tamén poderán acceder á praza os estranxeiros que reúnan a condición de cónxuxes de españois ou de nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas.
b Ter cumprido a lo menos 16 anos de idade.

d Non atoparse separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas e dos órganos constitucionais ou estatutarios das Administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario ou para exercer funcións semellantes ás que desenvolvían no caso de persoal laboral, no que houbese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
e Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que se aspira, sen que se padeza enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatibles coas funcións do posto. A
condición de discapacitado/a e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación. As persoas aspirantes con discapacidade farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas.
6.- Presentación de solicitudes.- as persoas interesadas poderán participar no proceso selectivo presentando no prazo e lugares sinalados solicitude de participación mediante instancia que se recolle no Anexo II destas Bases, dirixida ao Sr. Alcalde-Presidente. Os erros de feitos que se puideran advertir, poderán rectificarse en calquera momento, de oficio ou a petición da persoa interesada, de conformidade co establecido no art. 109 da lei 39/2015 de 1 de outubro.
Xunto coa solicitude débense achegar copias compulsadas dos documentos xustificativos de cumprir os requisitos de participación que se detallan a continuación:
a Copia compulsada dos documentos acreditativos da nacionalidade da persoa aspirante: DNI, pasaporte, tarxeta de residencia, así como calquera outro documento acreditativo da nacionalidade co alcance do establecido no artigo 57 do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.
b Acreditación do grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, no suposto de que a persoa aspirante solicite a adaptación de probas na solicitude de participación. Ante a petición efectuada o Tribunal resolverá a conveniencia ou non de admitir a adaptación, tendo en conta o sinalado na Orde 1822/2006, de 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para acceso ao emprego público de persoas con discapacidade e proba a realizar c Copia compulsada da titulación académica esixida, ou no seu defecto, certificación académica dos estudios realizados a que necesariamente acreditará o pagamento dos dereitos de expedición da correspondente titulación.
d Acreditación da posesión do nivel de idioma galego esixido. No suposto de carecer da mesma, a persoa aspirante someterase obrigatoriamente á proba de coñecemento do idioma galego regulada nas presentes bases.
e Documentación acreditativa dos méritos presentados para fase de concurso. A non presentación da acreditación dos méritos tal e como se sinala nas presentes bases, así como a súa acreditación dun xeito insuficiente, a xuízo do Tribunal, ou presentalos fóra do prazo de presentación de solicitudes, non será emendable, polo que non serán valorados polo tribunal.
Xeito de acreditación de méritos:
aExperiencia laboral.-para puntuar experiencia laboral deberá presentarse obrigatoriamente o informe da vida laboral actualizado, expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Anuncio publicado en: Num BOP 235 año 2020 14/10/2020
13/10/2020 08:00:00
12:12:35

c Estar en posesión ou en condición de obtela na data de terminación do prazo de presentación de instancias, a titulación de bacharelato superior, Formación Profesional de 2º grao ou titulacións equivalentes ou superiores que habiliten para o acceso á praza convocada. As titulacións non expedidas en España deberán estar debidamente convalidadas polo Ministerio con competencias en materia de educación. Ademais deberá ter coñecemento do idioma galego, que se acreditará mediante curso de perfeccionamento, CELGA 4 ou equivalente; no caso de non dispor de documentación acreditativa, deberá superar una proba de coñecemento de lingua galega

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/10/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date14/10/2020

Page count20

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions