Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/04/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 079 luns, 6 de abril de 2020

BOP Lugo
A implantación da administración electrónica, derivada da vixencia da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; e outras circunstancias sobrevidas no tempo transcorrido dende a aprobación das ditas Bases Xerais de selección de Listaxes de Emprego Temporal, fan necesario unha actualización das mesmas e a introdución de cambios na súa configuración respecto á articulación dos trámites a realizar co obxectivo de facilitar ós interesados a participación nos procesos selectivos correspondentes e que estes poidan relacionarse con esta Administración por medios electrónicos.
2.- NORMATIVA DE APLICACIÓN.
Visto o disposto pola normativa de aplicación:
- Artigo 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, no que se establece que son funcionarios interinos os que, por razóns expresamente xustificadas de necesidade e urxencia, son nomeados para o desempeño de funcións propias de funcionarios de carreira, cando se dea algunha das seguintes circunstancias: ; e artigo 11.1 no que se establece que: é persoal laboral o que en virtude do contrato de traballo formalizado por escrito, en calquera das modalidades de contratación previstas na lexislación laboral, presta servizos retribuídos polas Administracións Públicas
- Artigo 55.2 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público que preceptúa que as Administracións Públicas, entidades e organismos a que se refire o artigo 2 do presente Estatuto seleccionarán ao seu persoal funcionario e laboral mediante procedementos nos que se garantan os principios constitucionais antes expresados, así como os establecidos a continuación:
a Publicade das convocatorias e das súas bases.
b Transparencia.
c Imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección.
d Independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección.
e Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións ou tarefas a desenvolver.
f Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos de selección..
- Artigo 61.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público que dispón que os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán a libre concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna e das medidas de discriminación positiva previstas neste Estatuto.
- Artigo 27 do Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado, sobre a selección e nomeamento dos funcionarios interinos; e artigo 34, referido a persoal laboral temporal.
- Artigo 35 do Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado, sobre a contratación de persoal laboral non permanente.
- Resolución de data 29 de setembro do 2009 BOP nº 231, de 8 de outubro do 2009, modificada parcialmente polas Resolucións, de data 16 de decembro de 2011, pola que se aproba a modificación dos criterios polos que se rexe a incorporación de persoal temporal á Deputación provincial de Lugo BOP nº 294, de 26 de decembro do 2011; e de 14 de febreiro de 2019 BOP nº 39, do 15 de febreiro de 2019, na que se recollen os criterios de incorporación de persoal temporal para prestar servizos na Entidade Provincial.

Anuncio publicado en: Num BOP 79 año 2020 06/04/2020
04/04/2020 08:00:00
14:07:08

- Artigo 55.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público que sinala que todos os cidadáns teñen dereito ao acceso ao emprego público de acordo cos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, e de acordo co previsto no presente Estatuto e no resto do ordenamento xurídico.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/04/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date06/04/2020

Page count31

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions