Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/04/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 079 luns, 6 de abril de 2020

BOP Lugo
e establece a estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, cuxas características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Lugo, 24 de marzo de 2020.- A Xefa Territorial, Pilar Fernández López.
R. 0686

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS
ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO DE DATA 13 DE MARZO DE 2020
NA QUE SE APROBAN AS BASES XERAIS DE SELECCIÓN PARA OS PROCESOS SELECTIVOS QUE SE CELEBREN
PARA A CREACIÓN OU AMPLIACIÓN DAS LISTAXES DE EMPREGO TEMPORAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL
DE LUGO PARA PRESTAR SERVIZOS COMO FUNCIONARIOS INTERINOS POR CALQUERA DAS CIRCUNSTANCIAS
PREVISTAS NO ARTIGO 10 DO REAL DECRETO LEXISLATIVO 5/2015, DO 30 DE OUTUBRO, POLO QUE SE
APROBA O TEXTO REFUNDIDO DA LEI DO ESTATUTO BÁSICO DO EMPREGADO PÚBLICO; E COMO PERSOAL
LABORAL TEMPORAL POLAS CIRCUNSTANCIAS PREVISTAS NO ARTIGO 15 DO REAL DECRETO LEXISLATIVO
2/2015, DE 23 DE OUTUBRO, POLO QUE SE APROBA O TEXTO REFUNDIDO DA LEI DO ESTATUTO DOS
TRABALLADORES.
As presentes bases compleméntanse coas bases específicas relativas a cada listaxe que se convoca.
A base 5.3 destas bases xerais, establece que O prazo de presentación das solicitudes será de 10 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP. A vista da Disposición Adicional 3 do RD
463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria orixinada polo COVID-19, o mencionado prazo de dez días naturais contarase desde que perda vixencia o real decreto 463/2020, de 14 de marzo ou as prórrogas do mesmo.
A xunta de goberno da Deputación Provincial de Lugo, en sesión ordinaria de data 13 de marzo de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
1.- ANTECEDENTES.
A Deputación Provincial de Lugo, coa finalidade de dar resposta máis áxil ás necesidades de nomeamento de persoal funcionario interino ou de contratación de persoal laboral temporal que se presenten para atender os requirimentos de efectivos que formulen os distintos servizos e unidades para poder desenvolver as súas actividades, ten articulado un sistema de Listaxes de Emprego Temporal que permiten o chamamento de efectivos cunha maior eficacia e aforro de tempo sen realizar en cada momento novos procesos selectivos facendo compatible o principio de eficacia e celeridade cos principios constitucionais, de acceso ao emprego público, de igualdade, mérito e capacidade.
O dito sistema de Listaxes de Emprego Temporal foi sometido a negociación coa representación dos empregados públicos da Entidade, na Mesa Xeral de Negociación , e regulado logo da dita negociación a través das Resolucións da Presidencia, de data 29 de setembro do 2009 BOP nº 231, do 8 de outubro do 2009; que foi modificada parcialmente polas Resolucións, de data 16 de decembro de 2011 BOP nº 294, do 26 de decembro do 2011; e de 14 de febreiro de 2019 BOP nº 39, do 15 de febreiro de 2019, na que se recollen os criterios de incorporación de persoal temporal para prestar servizos na Entidade Provincial.
Mediante Acordo da Xunta de Goberno, de 4 de decembro do 2015 BOP nº 289, do 7 de decembro de 2015, foron aprobadas as bases xerais que rexeron nos últimos anos os procesos selectivos para constituír ou ampliar as Listaxes de Emprego Temporal das categorías, titulacións ou oficios nos que foron xurdindo necesidades de adquisición de efectivos.

Anuncio publicado en: Num BOP 79 año 2020 06/04/2020
04/04/2020 08:00:00
14:07:08

Anuncio

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/04/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date06/04/2020

Page count31

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions