Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/04/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 3 DE ABRIL DE 2020

N.º 077

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE CONTRATACIÓN E FOMENTO. UNIDADE DE OBRAS E PLANS
Anuncio O Pleno da Deputación Provincial de Lugo, na sesión extraordinaria que tivo lugar o dous de abril de de dous mil vinte 02/04/2020, acordou a aprobación do asunto que deseguido se menciona:
BASES DO PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2020.

1.1. O presente PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2020 é un Plan propio da Deputación Provincial de Lugo para o exercicio 2020 destinado aos 67 concellos da provincia, que se elabora no marco do previsto no artigo 36.2.a da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e nos artigos 32 e 33 do Real Decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, que establecen a obriga das deputacións provinciais de aprobar anualmente un plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal, en cuxa elaboración deben participar os Concellos da provincia. O plan, que deberá conter unha memoria xustificativa dos seus obxectivos e dos criterios de distribución dos fondos, criterios que en todo caso han de ser obxectivos e equitativos e entre os que estará a análise dos costes efectivos dos servizos dos concellos poderá financiarse con medios propios da Deputación, as achegas municipais e as subvencións que acorden a comunidade autónoma e o Estado con cargo aos seus respectivos presupostos
1.2. O Plan finánciase coas seguintes achegas:
a Cunha achega da Deputación provincial por importe de 21.300.000,00€.
A achega da Deputación financiase con cargo:
- Créditos do orzamento xeral de 2020.
- Créditos financiados con cargo ao remanente líquido de tesoureira de 2019.
b Achegas dos concellos: Nun importe equivalente ao mínimo obrigatorio do plan de obras e servicios POSdo ano 2016 por concello e polas que voluntariamente aporte cada concello a maiores.
1.3.- O órgano competente para a aprobación das presentes bases do plan provincial único de cooperación cos concellos 2020 é o Pleno da Corporación, de acordo co establecido na lexislación de réxime local.
2.- ANTICIPOS
Logo da aprobación definitiva do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2020, a Deputación Provincial poderá aboar un anticipo de ata o 50% sobre o importe total da achega, con dispensa de garantía e previa solicitude do concello.
Para o aboamento do devandito anticipo o Concello deberá achegar a seguinte documentación:
1. Solicitude do anticipo.
2. Declaración responsable na que se faga constar que a concello non é debedor por resolución de procedencia de reintegro, é dicir, que non ten pendente de ingreso no Tesouro Público ningunha reclamación de débeda derivada dunha resolución de reintegro de axuda pública.
3. Documento emitido pola entidade bancaria, no que figure o CIF do Concello, no que conste a conta na que se procederá, no seu caso, ao abono do correspondente anticipo, unha vez tramitada a documentación achegada.
No caso de que a Deputación tivese aboado o anticipo e o concello non executase ou xustificase a totalidade da cantidade ingresada por este concepto, o concello presentará documentación xustificativa do reintegro da parte non executada na conta da Deputación: ES04-2080-0163-8531-1000-0423, practicada a liquidación de xuros de mora correspondentes. De non cumprirse esta obrigación, procederá o reintegro da cantidade percibida e non executada, e a esixencia dos xuros de mora correspondente dende o momento daquel pagamento ata a data na
Anuncio publicado en: Num BOP 77 año 2020 03/04/2020
02/04/2020 08:00:00
18:16:24

1.- DENOMINACIÓN, APLICACIÓN ORZAMENTARIA E APROBACIÓN DAS BASES

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/04/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/04/2020

Page count37

Edition count3287

First edition01/03/2013

Last issue26/04/2024

Download this edition

Other editions