Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/04/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 2 DE ABRIL DE 2020

N.º 076

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS
Anuncio Por Acordo Plenario da Corporación da Deputación Provincial de Lugo de data 26 de febreiro de 2020, aprobouse a PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DO ACORDO MARCO E DO CONVENIO COLECTIVO ÚNICO, EN MATERIA DE
PREVISIÓN SOCIAL PARA CONTINXENCIAS DE XUBILACIÓN.
De conformidade ao determinado no artigo 45.1 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, publícanse as modificacións aprobadas.

A instauración da negociación colectiva nas Administracións Públicas, nos anos 90, supuxo unha oportunidade de dar canle ás lexítimas expectativas dos empregados públicos de poder negociar, ao igual que sucede no ámbito das empresas privadas, as condicións de traballo e articular os acordos acadados en textos que teñen forza vinculante e son de obrigado cumprimento unha vez ratificados polos respectivos órganos de goberno, que ostentan a representación da soberanía popular no seu respectivo ámbito de actuación; e tamén de amosar un modelo de xestión das relacións de servizo e laborais por parte dos sucesivos responsables políticos que persigue a eficaz xestión dos servizos encomendados legalmente á Entidade a prol da provincia de Lugo.
Dende que nos anos 90 e 91 se teñen negociado, formalizado e ratificado o primeiro convenio e o primeiro acordo colectivo de condicións de traballo do persoal laboral e do persoal funcionario, coñecidos como CCU e AMU, dentro do marxe que os principios de actuación administrativa e a lexislación de referencia permiten, téñense consolidado unha serie de condicións económicas, sociais, sindicais e asistenciais que constitúen unha referencia importante para o sector público local na provincia de Lugo e en Galicia.
A evolución normativa e consuetudinaria destes trinta anos fixeron necesario un constante exercicio de adaptación dos acordos ás posibilidades legais, nun contexto de cíclicas crises que poñían o foco na austeridade do sector público que tivo repercusión notable nas condicións acadadas, nomeadamente na pasada década.
Neste contexto, faise necesario analizar e modificar, de conxunto, as previsións contidas, respectivamente, nos artigos 51.7 do AMU e 54.7 do CCU, dentro dos seus respectivos Capítulos XI, que baixo o título de Condicións Sociais, abordan diversos aspectos asistencias non estritamente retributivos, entre elas a xubilación por idade ou incapacidade dos empregados provinciais.
O seu análise e propostas de evolución non deben deixar de lado a implantación efectiva dun Plan de Pensións de Emprego na Entidade provincial, para facer realidade os compromisos recollidos nos artigos 51.8 do AMU e 54.8
do CCU, nun contexto legal, coa entrada en vigor do Real Decreto 480/1993, de 2 de abril, de integración do persoal das Entidades Locais no Réxime Xeral da Seguridade Social e a disolución da MUNPAL.
Igualmente débese ter en conta, para determinar os cambios a realizar, as modificacións legais que, en materia de xubilación, se teñen producido consistentes na introdución de incrementos da idade de xubilación ordinaria, dos anos a considerar para a determinación da base reguladora das pensións incremento de 15 a 25 anos e outros factores que perseguindo segundo os seus promotores a estabilidade e permanencia no tempo do sistema público de pensións, adían e modulan as pensións públicas resultantes.
Asemade, como expoñente dunha política de fomento das ferramentas asistencias, faise necesario promover políticas que propicien unha maior integración do conxunto dos empregados provinciais no Plan de Pensións promovido pola Entidade a fin de que se vexan compelidos a facer previsións en materia de xubilación, que lles permita ter un retiro digno.
II. PROPOSTA
En consideración ao exposto, a Mesa Xeral de Negociación adopta os seguintes ACORDOS:
1º.- Deixar sen efecto a aplicación das previsións recollidas no artigo 51.7 do AMU e 54.7 do CCU, baixo o epígrafe Premio de Xubilación.

Anuncio publicado en: Num BOP 76 año 2020 02/04/2020
01/04/2020 08:00:00
11:18:48

I. ANTECEDENTES

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/04/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date02/04/2020

Page count8

Edition count3282

First edition01/03/2013

Last issue20/04/2024

Download this edition

Other editions