Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/01/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

6

Núm. 021 luns, 27 de xaneiro de 2020

BOP Lugo
CUARTO.- Considerar, no caso de que non se presentasen reclamacións ao expediente, no prazo anteriormente indicado, que o Acordo é definitivo, en base ao artigo 17.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
QUINTO.- Facultar a Sra. Alcaldesa, D. Rocío López García para a sinatura de documentos e xestión de trámites necesarios para a execución do presente acordo así como para facer, no seu caso, e nos vindeiros anos, as modificacións que correspondan nas cotas do último trimestre do Padrón da Taxa de recollida de residuos sólidos urbanos, dándose conta ó Pleno na primeira sesión que se celebre.
Contra o presente Acordo, conforme ao artigo 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, poderase interpor polo interesados recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio en o Boletín Oficial da Provincia, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,con sede en A Coruña.
Lourenzá, 21 xaneiro 2020.- A Alcaldesa, Rocío López García.
R. 0145

LUGO
Anuncio
Delegar as atribucións establecidas no acordo número 28/452, do 17 de xullo de 2019, no referente á fase de aprobación dos convenios reguladores das subvencións nominativas, de xeito que a Xunta de Goberno local delega no Tenente de Alcalde delegado da Área de Medio Rural e Deporte as atribucións correspondentes á aprobación dos convenios reguladores das subvencións nominativas da Área de Deportes, e calquera outra tramitación xa sexa de trámite e/ou resolutiva das SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS DA ÁREA DE DEPORTES CORRESPONDENTES AO
EXERCICIO 2019.
Lugo, O TENENTE DE ALCALDE DELEGADO DA ÁREA DE MEDIO RURAL E DEPORTES, Miguel Fernández Méndez.
R. 0146

Anuncio 27/826 RECTIFICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL NÚMERO 21/766, CELEBRADA O DÍA
27 DE NOVEMBRO DE 2019 DE APROBACIÓN DAS BASES XERAIS REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE
SUBVENCIÓNS ÁS ASOCIACIÓNS E PERSOAS XURÍDICO-PRIVADAS SEN ÁNIMO DE LUCRO, QUE DESENVOLVEN
A SÚA ACTIVIDADE NO EIDO DE DEPORTES E PARA A PROMOCIÓN E O FOMENTO DO DEPORTE E ACTIVIDADE
FÍSICA NO CONCELLO DE LUGO-EXERCICIO 2019.- Examinado o expediente de referencia e visto o informe proposta do traballador da Sección de Deportes, do 11 de decembro de 2019, no que se pon de manifesto que visto que no artigo 13 das citadas bases figura como data límite para xustificar a do 31 de decembro de 2019, data inasumible tendo en conta que, a día de hoxe, están pendentes de adxudicar estas subvencións, polo que procedería atrasar a data límite de xustificación ao 31 de xaneiro de 2020.
A Xunta de Goberno Local, no uso das súas atribucións, con base na referida proposta conformada polo Tenente de Alcaldesa Delegado da área respectiva, e por unanimidade dos seguintes asistentes: Excma. Sra. D. LARA
MÉNDEZ LÓPEZ, Alcaldesa Presidenta do Concello de Lugo Grupo Municipal PSdeG-PSOE; Ilmo. Sr. D. ÁLVARO
SANTOS RAMOS, Tenente de Alcaldesa Delegado da Área de Goberno de Desenvolvemento Local Sostible GMPSdeG-PSOE; Ilma. Sra. D. MERCEDES PAULA ALVARELLOS FONDO, Tenenta de Alcaldesa Delegada da Área de Goberno de Gobernanza: Economía e Recursos Humanos GMPSdeG-PSOE; Ilma. Sra. D. ANA MARÍA GONZÁLEZ
ABELLEIRA, Tenenta de Alcaldesa Delegada da Área de Goberno de Cohesión Social GMPSdeG-PSOE; Ilmo. Sr. D.
RUBÉN ARROXO FERNÁNDEZ, Tenente de Alcaldesa Delegado da Área de Goberno de Mobilidade e Infraestruturas Urbanas Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego; Ilma. Sra. D. TAREIXA ANTÍA FERREIRO TALLÓN, Tenenta de Alcaldesa Delegada da Área de Goberno de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua GMBNG e a Ilma.
Sra. D. MARÍA CRISTINA LÓPEZ FERNÁNDEZ, Tenenta de Alcaldesa Delegada da Área de Goberno de Participación e Servizos para a Veciñanza GMBNG, ACORDA modificar a data de xustificación establecida no artigo 13 das Bases xerais reguladoras para a concesión de subvencións ás asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro, que desenvolven a súa actividade no eido de deportes e para a promoción e o fomento do deporte e actividade física no Concello de Lugo-exercicio 2019 aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local núm.
21/766, do 27 de novembro de 2019, pasando a figurar como data límite para xustificar o 31 de xaneiro de 2020.

Anuncio publicado en: Num BOP 21 año 2020 27/01/2020
24/01/2020 08:00:00
12:38:33

A Xunta de Goberno Local, en sesión ORDINARIA celebrada o día dezaoito de decembro de dous mil dezanove, adoptou, entre outros, o seguinte Acordo nº de Acordo 26/825:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/01/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date27/01/2020

Page count7

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions