Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/01/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 018 xoves, 23 de xaneiro de 2020

BOP Lugo
Non poderán formar parte do Tribunal os funcionarios ou laborais que realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á convocatoria.
O tribunal de selección poderá dispoñer a incorporación de asesores especialistas, para todas ou algunhas das probas, que colaborarán co órgano de selección exclusivamente no exercicio das súas especialidades técnicas sen que sexan integrantes do Tribunal, correspondéndolle o asesoramento e ilustración do parecer dos seus membros.
O tribunal cualificador estará integrado do seguinte feito:
Presidente: Un funcionario de carreira ou persoal laboral. Con voz e voto.
Secretario: O da Corporación, funcionario ou persoal laboral. Con voz e voto.
Vogal: Un funcionario de carreira ou persoal laboral. Con voz e voto.
En ningún caso poderán formar parte do Tribunal funcionarios interinos ou persoal laboral temporal.
A súa composición farase pública na mesma resolución da Alcaldía pola que se aproba a lista provisional de admitidos e excluídos.
Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convócante, cando concorra algunha das circunstancias previstas no art. 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 24 da lei citada.
O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros. En todo caso, será precisa a asistencia do Presidente e Secretario.
O Tribunal Cualificador queda autorizado para resolver as dúbidas que se presenten e para tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo, en todo o non previsto nestas bases.
SÉTIMA.PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN E CUALIFICACIÓN

O Tribunal terá en conta os méritos alegados e acreditados, de acordo co seguinte baremo:

Cursos e outras actividades de formación relacionados coas funcións do postos máximo 1,00 puntos Acreditarase mediante copia do Título, Diploma ou certificación.

a Cursos de duración igual ou inferior a 10 horas ou duración non acreditada: 0,05 puntos por cada un.
b Cursos de máis de 10 horas e ata 25 horas: 0,10 puntos por cada un.
c Cursos de mais de 25 horas e ata 50 horas: 0,15 puntos por cada un.
d Cursos de mais de 50 horas e ata 100 horas: 0,20 puntos por cada un.
e Curso de mais de 100 horas e ata 150 horas: 0,25 punto por cada un.
f Cursos de mais de 150 e ata 200 horas: 0,30 puntos por cada un.
g Por cada curso de mais de 200 horas: 0,35 puntos.

Experiencia profesional máximo 2,00 puntos Acreditarase a través de certificación oficial de vida laboral actualizada e a copia do contrato ou certificado de empresa en que consten as tarefas realizadas e a duración.

-

Por cada mes de servizo realizando tarefas directamente relacionadas co posto ofertado nunha Entidade pública 0,20 Puntos.

-

Por cada mes de servizo realizando tarefas directamente relacionadas co posto ofertado nunha Entidade Privada 0,10 Puntos.
Proba Práctica. Máximo 6,00 Puntos
Realizarase unha ou varias probas prácticas sobre as funcións a realizar.

Carnet de conducir C. 1,00 Puntos NOVENA.-APORTACIÓN DE DOCUMENTOS
No prazo de dous días hábiles seguintes á data de publicación do resultado de selección, os aspirantes propostos deberán xustificar que reúnen os requisitos esixidos na base 3 desta convocatoria, presentando documentos que non foran xa presentados xunto coa solicitude para tomar parte neste proceso selectivo, é dicir:
a Declaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin atoparse inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas.

Anuncio publicado en: Num BOP 18 año 2020 23/01/2020
22/01/2020 08:00:00
11:39:31

O proceso de selección: Concurso oposición.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/01/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date23/01/2020

Page count17

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions