Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/01/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 018 xoves, 23 de xaneiro de 2020

BOP Lugo
- Traballos de reparación e mantemento de beirarúas - Traballos de albanelaría - Retribucións: As retribucións que correspondan segundo o Convenio Correspondente.
TERCEIRA.REQUISITOS DOS ASPIRANTES
1. Tódolos requisitos así como os méritos alegados para o concurso, deberán reunirse á data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e deberán manterse con posterioridade ata o nomeamento do aspirante seleccionado.
2. Con carácter xeral os aspirantes, con anterioridade á finalización do prazo de presentación de instancias, deberán reunilos seguintes requisitos para poder tomar parte nas probas de selección:
a Ter a nacionalidade española. Tamén poderán participar os nacionais dos Estados Membros da Unión Europea, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados Membros da Unión Europea, calquera que sexa a súa nacionalidade e sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de dita idade dependentes;
as persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores; e os estranxeiros co residencia legal en España.
b Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d Non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin se achar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para acceso ao Corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que houbese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitado ou en situación equivalente nin haber sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
e Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade, conforme á normativa vixente.
3. Serán requisitos específicos:
2 operarios oficiais de 1 para o servizo de mantemento de vías municipais - permiso de conducir clase B.
Será imprescindible que as persoas a contratar a través do Programa Fomento do Emprego 2019 produzan novas contratacións no concello, polo que a situación ou procedencia dos candidatos debe provir de situación de desemprego ou de mellora de emprego para os casos en que a xornada de traballo sexa igual ou inferior o 50 % da xornada. Xustificarase coa aportación do informe de vida laboral actualizado.
CUARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
1.-As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao Sr. Alcalde, en modelo que se facilitará no Rexistro Xeral da Corporación, nas que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na base terceira desta convocatoria.
2.- Os aspirantes con algunha diversidade funcional terán que indicalo na solicitude, acompañada da correspondente documentación acreditativa. Así mesmo, terán que solicitar as posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria.
3.-As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello do Valadouro no prazo de cinco 5 días hábiles contados dende o día seguinte da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/15, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; neste caso, os concursantes deberán comunicalo mediante fax 982 574303 durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias 4.- A solicitude irá acompañada da seguinte documentación:
.- Copia compulsada do Documento Nacional de Identidade ou documento identificativo.
.- Copia compulsada do permiso de conducir clase B.
.- Informe de vida laboral actualizado.

Anuncio publicado en: Num BOP 18 año 2020 23/01/2020
22/01/2020 08:00:00
11:39:31

c Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo para o que se opta. A estes efectos, establécese a igualdade de condicións das persoas con diversidade funcional cos demais aspirantes, non podendo fixarse con carácter xeral limitacións físicas ou psíquicas senón nos casos en que sexan incompatibles co normal desempeño do traballo correspondente, adoptándose polo Tribunal cualificador medidas e medios para a realizacións das probas, de forma que gocen de igualdade de oportunidades cos demais participantes. A condición de minusvalía e a súa compatibilidade acreditarase con certificación expedida polo organismo competente.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/01/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date23/01/2020

Page count17

Edition count3286

First edition01/03/2013

Last issue25/04/2024

Download this edition

Other editions