Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/01/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 011 mércores, 15 de xaneiro de 2020

BOP Lugo
Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas serán esixidas pola vía de constrinximento, e devindicaranse as correspondentes recargas do período executivo, os xuros de mora, e no seu caso, as costas que se produzan.
Monforte de Lemos, 3 de xaneiro de 2020.- O alcalde, José Tomé Roca.
R. 0048

Anuncio APROBACION PADRÓN FISCAL TAXA RECOLLIDA DO LIXO 6º BIMESTRE DO EXERCICIO 2019 E ANUNCIO DE
COBRANZA
Por Xunta do Goberno Local do día 30.12.2019 aprobouse o padrón da Taxa pola recollida, tratamento e eliminación de Lixo do sexto bimestre do exercicio 2019 novembrodecembro.
De acordo co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral tributaria, notifícanse colectivamente os recibos derivados deste padrón.
De conformidade coa Ordenanza Xeral de ingresos municipais de dereito público, exporase ao público nun prazo de 20 días, contados a partir do primeiro día do período de pago en voluntaria deste padrón, para que se poidan presentar as reclamacións pertinentes.
De acordo co artigo 14.2 c do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais, contra o acordo de aprobación do padrón e das súas liquidacións poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao remate da exposición pública do padrón. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei 25/98 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

De acordo co artigo 24 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, ponse en coñecemento, que no período de pago en voluntario sinalado no parágrafo anterior, os contribuíntes que non teñan domiciliados os recibos polo concepto da Taxa pola recollida, tratamento e eliminación de Lixo, poderán facer o pago dos mesmos mediante :
1 Ingreso en efectivo en calquera oficina de A Banca ou Banco Sabadell en horario de atención ao público 2 A través de caixeiros automáticos nas devanditas entidades financeiras 3 A través da páxina web do Concello www.monfortedelemos.es Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas serán esixidas pola vía de constrinximento, e devindicaranse as correspondentes recargas do período executivo, os xuros de mora, e no seu caso, as costas que se produzan Monforte de Lemos, 3 de xaneiro de 2020.- O alcalde, Tomé Roca.
R. 0049

PALAS DE REI
Anuncio Polo Pleno da Corporación Municipal do Concello de Palas de Rei, en sesión celebrada en data 27 de decembro de 2019, aprobouse a Modificación da Ordenanza Fiscal n.º 16 reguladora da taxa pola prestación do servizo de abastecemento de auga, a mesma exponse ao público na secretaria deste Concello por termo de trinta días, contados a partir da súa publicación no Boletín oficial da Provincia.
ORDENANZA FISCAL N 16 REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE ABASTECEMENTO DE AUGA.
Artigo 6.- Cota tributaria.
A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a determinada nas tarifas seguintes I.V.E. non incluído:
Epígrafe 1. Vivendas familiares. Tarifas:
1.1 Mínimo de consumo 45 m/ab. Trim.: 0,487 euros/m.
1.2 Exceso: 0,530 euros/m.
Epígrafe 2. Comerciais:
2.1 Mínimo de consumo 45 m/ab. Trim.: 0,487 euros/m.

Anuncio publicado en: Num BOP 11 año 2020 15/01/2020
14/01/2020 08:00:00
11:39:08

Fíxase como prazo de pago en período voluntario, dende o día 26.02.2020 ata o 27.04.2020.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/01/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date15/01/2020

Page count9

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions