Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/01/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 010 martes, 14 de xaneiro de 2020

BOP Lugo
Finalmente, engádese un Título IV, xa que logo, a Deputación de Lugo non é allea á necesidade de dar unha resposta institucional á crecente preocupación social motivada pola corrupción, e no convencemento de que a transparencia na xestión é unha necesidade para reforzar a eficiencia das Administracións Públicas, facilitar a comunicación coa cidadanía e loitar contra a corrupción.
Dito compromiso formalizouse co Consello de Contas nun protocolo asinado no ano 2019, comprometéndose as dúas institucións no fortalecemento da integridade no sector público local de Galicia e na observancia dos principios éticos e de bo goberno, na integridade pública e o control da corrupción.
Pois ben, ese novo marco de colaboración institucional permanente co Consello de Contas nace coa finalidade de establecer mecanismos efectivos para a prevención e a loita contra a corrupción no sector público local de Galicia, e leva a Deputación a impulsalo de forma decidida e permanente incorporando dito compromiso como elemento estratéxico no presente Regulamento.
O presente regulamento componse de corenta e tres artigos, dúas disposicións adicionais, unha derrogatoria e unha final coa seguinte estrutura:
- Título I. Disposicións xerais - Título II. Da Asesoría Xurídica - Título III. Defensa de funcionarios.
- Título IV. Prevención da corrupción Por tanto, de cara a alcanzar estes esenciais fins, e, en virtude da potestade regulamentaria, como entidade local, que a Deputación Provincial ten, consonte ás previsións da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, así como con base na potestade de autoorganización recoñecida no artigo 4.1 a da Lei 7/1985, proponse ao Pleno da Corporación a aprobación do Regulamento da Asesoría Xurídica da Deputación de Lugo.
TÍTULO I.
-Disposicións Xerais.Artigo 1.- A asistencia xurídica.
1. Sen prexuízo da función de asesoramento preceptivo, reservada á Secretaría Xeral, corresponden á Asesoría Xurídica da Deputación as seguintes funcións:
- A asistencia xurídica da Administración Provincial.
- A asistencia xurídica aos concellos que así o soliciten .
2. A función de asistencia xurídica consiste no asesoramento non preceptivo en dereito e a representación e defensa en xuízo en todo tipo de procesos xudiciais, así como ante órganos administrativos e en procedementos arbitrais.
3. Mediante a formalización do oportuno convenio poderase prestar asistencia xurídica aos entes, sociedades e fundacións públicas e aos consorcios e calquera outra entidade con participación significativa da Deputación de Lugo, de conformidade co disposto nos anteditos convenios e no presente Regulamento. Os convenios que se establezan poderán determinar a compensación económica a aboar como contraprestación e que poderá xerar crédito nos servizos correspondentes da asesoría xurídica de conformidade co disposto na normativa orzamentaria.
4. Asemade, poderase asistir e defender a funcionarios, autoridades e persoal ao servizo da Deputación Provincial, entes dependentes ou vinculados á mesma ou persoal dos Concellos da provincia que o soliciten nos termos previstos no Título III do presente Regulamento.
Artigo 2.- Organización a A Asesoría xurídica está constituída pola dirección da mesma, polos departamentos especializados de Dereito Civil-Mercantil, de Dereito Social e Penal, de Dereito Contencioso Administrativo e Constitucional e o de ConsultivoContratación, as unidades administrativas, así como os Letrados-Asesores especialistas, os/as letrados/as e demais persoal funcionario licenciados/as en Dereito do Grupo A que, conforme á Relación de Postos de Traballo, desenvolvan as funcións propias e específicas da Asesoría Xurídica.
b A organización da Asesoría Xurídica estrutúrase en catro departamentos especializados :
-Departamento de Dereito Civil-Mercantil.
-Departamento de Dereito Social e Penal.
- Departamento de Dereito Contencioso-Administrativo e Constitucional - Departamento de Consultivo e Contratación

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/01/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date14/01/2020

Page count32

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions