Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/12/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 299 martes, 31 de decembro de 2019

BOP Lugo
nas disposicións adicionais vixésima sétima, vixésima oitava e vixésima novena respectivamente, desta Lei e dos Órganos Constitucionais do Estado, estará suxeita aos límites e requisitos establecidos nos apartados seguintes.
Exceptúase do disposto no parágrafo anterior a incorporación de persoal que poida derivarse da execución de procesos selectivos correspondentes a Ofertas de Emprego Público de exercicios anteriores ou dos procesos de selección e recrutamento para a cobertura dos persoais de militares de Tropa e Mariñeiría profesional fixadas na disposición adicional décima novena.
En todo caso, a oferta deberá aterse ás dispoñibilidades orzamentarias do capítulo I do orzamento de gastos.

2. As Administracións Públicas que no exercicio anterior cumpriran os obxectivos de estabilidade orzamentaria e débeda pública e a regra de gasto, terán unha taxa de reposición do 100 por cen. Adicionalmente, poderán dispor dunha taxa do 8 por cento destinada a aqueles ámbitos ou sectores que requiran un reforzo de efectivos, sempre dentro do marco da estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira. Esta porcentaxe adicional utilizarase preferentemente cando se dea, entre outras, algunha das seguintes circunstancias: establecemento de novos servizos públicos, incremento de actividade estacional pola actividade turística ou alto volume de xubilacións esperadas.
Para as entidades locais, os límites de débeda serán os que fixen as Leis de Orzamentos Xerais do Estado ou a lexislación reguladora das facendas locais en materia de autorización de operacións de endebedamento.
A porcentaxe de taxa adicional será do 10 por cento para as entidades locais que, ademais dos requisitos anteriores, tivesen amortizada a súa débeda financeira a 31 de decembro do exercicio anterior.
3. As Administracións Públicas que non cumpran os obxectivos de estabilidade orzamentaria e débeda pública e de regra do gasto terán unha taxa de reposición do 100 por cento, nos seguintes sectores e ámbitos de actuación:

Ñ Prazas de persoal que presta asistencia directa aos usuarios dos servizos sociais.

R Persoal de atención aos cidadáns nos servizos públicos.

S Persoal que preste servizos na área das tecnoloxías da información e as comunicacións.

7. Para calcular a taxa de reposición de efectivos, a porcentaxe de taxa máximo fixado aplicarase sobre a diferenza resultante entre o número de empregados fixos que, durante o exercicio orzamentario anterior, deixaron de prestar servizos en cada un dos respectivos sectores, ámbitos, corpos ou categorías, e o número de empregados fixos que se incorporaron nos mesmos, no referido exercicio, por calquera causa, excepto os procedentes de ofertas de emprego público, ou reingresado desde situacións que non leven a reserva de postos de traballo. A estes efectos, computaranse os cesamentos na prestación de servizos por xubilación, retiro, falecemento, renuncia, declaración en situación de excedencia sen reserva de posto de traballo, perda da condición de funcionario de carreira ou a extinción do contrato de traballo ou en calquera outra situación administrativa que non supoña a reserva de posto de traballo ou a percepción de retribucións con cargo á Administración na que se cesa. Igualmente, teranse en conta as altas e baixas producidas polos concursos de traslados a outras Administracións Públicas.
Non computarán dentro do límite máximo de prazas derivado da taxa de reposición de efectivos as prazas que se convoquen para a súa provisión mediante procesos de promoción interna e as correspondentes ao persoal declarado indefinido non fixo mediante sentenza xudicial.

9. Ademais do establecido no artigo 19.un.6 da Lei 3/2017, de 27 de xuño, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2017, autorízase unha taxa adicional para a estabilización de emprego temporal que incluirá as prazas de natureza estrutural que, estando dotadas orzamentariamente, estean ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos no tres anos anteriores a 31 de decembro de 2017 nos seguintes sectores e colectivos: persoal dos servizos de administración e servizos xerais, de investigación, de saúde pública e inspección médica así como outros servizos públicos. Nas Universidades Públicas, só estará incluído o persoal de administración e servizos.
As ofertas de emprego que articulen estes procesos de estabilización, deberán aprobarse e publicarse nos respectivos Diarios Oficiais nos exercicios 2018 a 2020 e serán coordinados polos Departamentos ministeriais competentes.

Anuncio publicado en: Num BOP 299 año 2019 31/12/2019
30/12/2019 08:00:00
21:14:47

E Administracións Públicas respecto do asesoramento xurídico e a xestión dos recursos públicos.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/12/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date31/12/2019

Page count51

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031