Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/12/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 294 martes, 24 de decembro de 2019

BOP Lugo
destinadas únicamente a actividades agrarias ou gandeiras. Corresponderá dita declaración á Xunta de Goberno Local en canto que competencia delegada do Pleno.
A bonificación terá carácter rogado, debendo ser presentada polo suxeito pasivo, e surtirá efectos a partir do período impositivo seguinte ao da resolución da solicitude.
Para a súa aprobación, os interesados deberán presentar a seguinte documentación:
-Certificado de facenda na que conste a situación censal do titular da actividade, que pode coincidir ou non co suxeito pasivo.
-Acreditación da titularidade catastral do inmoble.
-Certificacións acreditativas de que o suxeito pasivo non ten débedas coa facenda estatal, coa facenda autonómica nin coa Seguridade Social.
-Xustificación do recoñecemento da explotación, ou licenza/comunicación de actividade correspondente.
Previamente á súa aprobación, o concello realizará de oficio as actuacións precisas para a comprobación dos extremos expostos ao respecto da bonificación solicitada.
Os obrigados tributarios deberán comunicar ao Concello, calquera modificación relevante das condicións ou requisitos esixibles para a aplicación de este beneficio fiscal. Polo Concello, poderá declararse, previa audiencia do obrigado tributario por un prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da recepción da notificación da apertura de dito prazo se procede ou non a continuación da aplicación do beneficio fiscal. De igual xeito se procederá cando a administración coñeza por calquera outro xeito, a modificación das condicións ou os requisitos para a aplicación do beneficio fiscal.

A modificación da ordenanza fiscal no referente a estas bonificacións , aprobada polo Pleno do Concello na sesión celebrada o 27 de Setembro de 2019, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia , continuando en vigor e de aplicación o restante articulado da ordenanza, ata a súa modificación ou derrogación expresa.
No que non estea expresamente previsto na modificación da presente ordenanza, rexerán os preceptos contidos na redacción anterior da mesma, así como os preceptos contidos na lexislación reguladora das facendas locais Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e nas demais leis do estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.
Contra o presente Acordo, conforme ao artigo 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, poderase interpor polo interesados recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio en o Boletín Oficial da Provincia, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede en A Coruña.
O Páramo, 18 de decembro de 2019.- O Alcalde, José Luis López López.
R. 3840

Anuncio Aprobado por Resolución da Alcaldía de data 03/12/2019 , o Padrón de contribuíntes do prezo público do servizo de Axuda no Fogar, na modalidade de libre concorrencia ou prestación básica e de dependencia, correspondente ao mes de NOVEMBRO de 2019, polo importe total de 2.899,60€
Por medio do presente exponse ao público o devandito padrón polo prazo de quince días hábiles, que empezará a contarse dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes.
O que se fai público para xeral coñecemento e aos efectos de que sirva de notificación colectiva de conformidade co establecido na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
O Páramo, 9 de novembro de 2019.- O Alcalde, Jose Luis López López.
R. 3841

PEDRAFITA DO CEBREIRO
Anuncio APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL DO CONCELLO DE PEDRAFITA DO CEBREIRO 2.020
Aprobado inicialmente na sesión extraordinaria do Pleno deste Concello celebrada o 13 de decembro de 2,019 o orzamento xeral para o exercicio 2.020, bases de execución e plantilla con arranxo ó disposto no artigo 169 do
Anuncio publicado en: Num BOP 294 año 2019 24/12/2019
23/12/2019 08:00:00
14:38:20

Disposición final.-

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/12/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date24/12/2019

Page count8

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031