Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/12/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

50

Núm. 287 luns, 16 de decembro de 2019

BOP Lugo
Está dirixida aqueles mozos e mozas que desexen participar na formación dalgunha das materias específicas propostas e que cumpran cos requisitos definidos no artigo 3, que queiran asentar a súa vivenda nalgún concello dos participantes definidos no Anexo I destas bases.
Terceiro: Requisitos dos Mozos participantes Os mozos e mozas participantes deberán cumprir as obrigas e requisitos esixidos nesta orde e na normativa xeral do programa Real Decreto 1234/2018 de 5 de Outubro que cumpran os seguintes requisitos:
a Mozos e mozas maiores de 16 e menores de 30 anos no momento da solicitude. Para o caso de cumprir os 30 anos en breve , poderá ser destinatario destas axudas sempre e cando inicie a súa participación no programa antes de que transcorran 4 meses dende o seu cumprimento, neste caso especifico poderá finalizar a participación no mesmo.
b Estar inscritos no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil.
c E obriga indispensable que os mozos e mozas beneficiarios de calquera medida estean empadroados durante o período de vixencia da subvención nalgún dos municipios definidos no artigo 2 do Real Decreto 1234/2018, de 5 de outubro, e recollidos no Anexo I - Listaxe Concellos desta convocatoria.
d Non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a recollidas nos apartados 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, de novembro, xeral de subvencións en concordancia coa Lei 9/2007 de xuño, de subvencións de Galicia Cuarto: Actuacións subvencionables Os mozos e mozas beneficiarios da formación percibirán unha axuda económica por cada día de asistencia para compensar os gastos que esta puidera ocasionar, de 13,45€ por día de asistencia. As faltas de asistencia aínda que sexan xustificadas non serán obxecto de abono. A xornada diaria será de 5 horas de formación.

Quinto: Forma e prazos de presentación da solicitude Co fin de incentivar a utilización de medios electrónicos e no marco dos principios da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, as solicitudes de adhesión presentaranse preferentemente telemáticamente a través da sede electrónica: http sede.deputacionlugo.org ou a través de calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende o seguinte a publicación da convocatoria do presente programa no BOP, previa publicación no Base de Datos Nacional de Subvencións.
LUGO, 11 de decembro de 2019.- O Presidente da Deputación, José Tomé Roca.
R. 3766

Powered by TCPDF www.tcpdf.org
Anuncio publicado en: Num BOP 287 año 2019 16/12/2019
13/12/2019 08:00:00
13:02:22

No caso de producirse un abandono durante a formación non se pagará a parte proporcional dos días de asistencia.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/12/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date16/12/2019

Page count50

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031