Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/12/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 286 sábado, 14 de decembro de 2019

BOP Lugo
Monforte de Lemos, 9 de decembro de 2019.- O alcalde, Tomé Roca.
R. 3748

Anuncio APROBACION PADRÓN FISCAL TAXA RECOLLIDA DO LIXO 5º BIMESTRE DO EXERCICIO 2019 E ANUNCIO DE
COBRANZA
Por Xunta do Goberno Local do día 9.12.2019 aprobouse o padrón da Taxa pola recollida, tratamento e eliminación de Lixo do quinto bimestre do exercicio 2019 setembrooutubro.
De acordo co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral tributaria, notifícanse colectivamente os recibos derivados deste padrón.
De conformidade coa Ordenanza Xeral de ingresos municipais de dereito público, exporase ao público nun prazo de 20 días, contados a partir do primeiro día do período de pago en voluntaria deste padrón, para que se poidan presentar as reclamacións pertinentes.
De acordo co artigo 14.2 c do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais, contra o acordo de aprobación do padrón e das súas liquidacións poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao remate da exposición pública do padrón. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei 25/98 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

De acordo co artigo 24 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, ponse en coñecemento, que no período de pago en voluntario sinalado no parágrafo anterior, os contribuíntes que non teñan domiciliados os recibos polo concepto da Taxa pola recollida, tratamento e eliminación de Lixo, poderán facer o pago dos mesmos mediante :
1 Ingreso en efectivo en calquera oficina de A Banca ou Banco Sabadell en horario de atención ao público 2 A través de caixeiros automáticos nas devanditas entidades financeiras 3 A través da páxina web do Concello www.monfortedelemos.es Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas serán esixidas pola vía de constrinximento, e devindicaranse as correspondentes recargas do período executivo, os xuros de mora, e no seu caso, as costas que se produzan Monforte de Lemos, 9 de decembro de 2019.- O alcalde, José Tomé Roca.
R. 3749

NEGUEIRA DE MUÑIZ
Anuncio Por Resolución de Alcaldía de data do 02.11.2019, aprobouse o padrón fiscal correspondente ó mes de novembro de 2019 do Servizo de Axuda no Fogar a través da Lei de Dependencia polo importe de 206,11 €, e Programa Básico de Axuda no Fogar polo importe de 298,97 €.
Por medio do presente exponse ó público o devandito padrón polo prazo de quince días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación do anunico no BOP, para que poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes.
O que se fai público para xeral coñecemento do presente anuncio, que ten carácter de notificación colectiva, en cumprimento do disposto no Regulamento Xeral de Recadación e na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Negueira de Muñiz, 03 de decembro de 2019.- O Alcalde, José Manuel Braña Pereda.
R. 3750

Anuncio publicado en: Num BOP 286 año 2019 14/12/2019 08:00:00

Fíxase como prazo de pago en período voluntario, dende o día 26.12.2019 ata o 26.02.2020..

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/12/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date14/12/2019

Page count5

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031