Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/12/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

61

Núm. 282 martes, 10 de decembro de 2019

BOP Lugo
e de accesibilidade a vivendas, do programa de Fomento do parque de vivenda en alugueiro e do programa de fomento de vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade, do R.D 106/2018 do 9 de marzo.
Non poderán obter a condición de persoas ou entidades beneficiarias aquelas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, na súa normativa de desenvolvemento, ou no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, ver 6.4 da resolución do 3 agosto ou fosen suxeitos dunha revogación dalgunha das axudas contempladas neste plan ou en anteriores plans estatais de vivenda por causas imputables ao solicitante.
Non poderán obter a condición de beneficiarias os promotores que houberan percibido axudas para actuacións privativas ás que se refire o artigo 2, nos 4 últimos anos a partir da data de concesión da cualificación definitiva.
Sen embargo si poderán solicitar axudas, cando se trate de actuacións que afecten aos elementos comúns do edificio no que sexan titulares dunha vivenda.
Un mesmo promotor sexa persoa física ou xurídica só poderán ser beneficiario/a destas axudas nesta convocatoria por un máximo de unha actuacións vivendas, excepto que sexa para elementos comunitarios, caso no cal non se lle aplicará dita limitación.
As persoas interesadas ao formalizar unha solicitude, sométense voluntariamente ao cumprimento das condicións que este concello estableza na convocatoria así como aos demais requisitos que se establezan nesta orde e demais normativa reguladora.
Terceiro.- Bases reguladoras As Bases reguladoras desta Convocatoria, foron aprobadas con data do 4 de decembro de 2019, pola Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo Acordo 8/774, atópanse publicadas no presente Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

O orzamento establece a contía máxima para a concesión das presentes subvencións, en 233.584,45 euros, sendo 153.584,45 € a aportación que corresponde ó Ministerio de Fomento e 80.000 € a aportación da xunta de Galicia, existindo conforme certificación da Tesoureira Municipal de data do 14 de maio de 2019 de que existe RC ref 55026/2019, por dito inmporte na aplicación orzamentaria denominada Conservación e Rehabilitación da edificación 15220.78900, con código de proxecto 19XX00001-15 FASE CASCO HISTORICO LUGO ÁREA DE
REXENERACIÓN E RENOVACIÓN.
Quinto.- Contía A contía máxima das axudas como regla xeral, non excederá do 40% do custo subvencionable da actuación sen IVE. Excepcionalmente esta porcentaxe máxima se ampliará ó 75% se os ingresos da unidade de convivencia da persona propietaria ou arrendataria, promotora da actuación e residente na vivenda ou edificio son inferiores a tres veces o IPREM. Esta mesma porcentaxe aplicarase cando se acometan actuacións para a mellora da accesibilidade e se acredite na unidade de convivencia da persoa propietaria ou arrendataria, promotora da actuación e residente na vivenda ou edificio, que existan persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos.
A determinación dos ingresos calcularase de conformidade co RD 106/2018.
Axuda estatal:
A contía máxima da subvención calcularase multiplicando o número de vivendas polas axudas unitarias e a superficie construída de local comercial ou outros usos establecidos a continuación:
a Para obras de rehabilitación que acaden os obxectivos de redución da demanda enerxética establecidos no artigo 36 do RD 106/2018 que obteñan unha redución da demanda de polo menos o 25%:
- Doce mil euros por vivenda 12.000,00 €/vivenda obxecto de rehabilitación. No caso de edificios de vivendas con locais, incrementarase esta contía en cento vinte euros por cada metro cadrado 120,00 €/m2 de superficie construída de local comercial ou outros usos.
O límite da axuda básica unitaria incrementarase nos edificios e vivendas catalogadas polo PEPRI en mil euros por vivenda 1.000,00 €/vivenda e dez euros por cada metro cadrado 10,00 €/m2 de superficie construída de local comercial ou outros usos.
b Para as demáis obras subvencionables en edificios e vivendas:
- Oito mil euros por vivenda 8.000,00 €/vivenda obxecto de rehabilitación. No caso de edificios de vivendas con locais, incrementarase esta contía en cento vinte euros por cada metro cadrado 120,00 €/m2 de superficie construída de local comercial ou outros usos.
- O límite da axuda básica unitaria incrementarase nos edificios e vivendas catalogadas polo PEPRI en mil euros por vivenda 1.000,00 €/vivenda e dez euros por cada metro cadrado 10,00 €/m2 de superficie construída de local comercial ou outros usos.
Axuda autonómica:

Anuncio publicado en: Num BOP 282 año 2019 10/12/2019
09/12/2019 08:00:00
14:38:44

Cuarto.- Credito Orzamentario

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/12/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date10/12/2019

Page count62

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031