Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/12/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 281 luns, 9 de decembro de 2019

BOP Lugo
Anuncio Resolución do 20 de novembro de 2019 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lourenzá. expediente IN407A 2019-24AT
Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
- Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas S.A.
- Domicilio Social: Polígono empresarial As Gándarasparcela U2-rúa Aller Ulloa, Ramón María, n.º 9, 27003 Lugo.
- Denominación: TELECONTROL NUEVO CS BARBORIÑA
- Situación: concello de Lourenzá - Características técnicas:
Liña soterrada de media tensión a 20kV Puentenuevo desde SE Mondoñedo con orixe nunha conversión ubicada no apoio A17287 e final nunha cela de liña no CS Barboriña proxectado, cunha lonxitude de 30 metros en condutor tipo RHZ1-240.
Liña soterrada de media tensión a 20kV Puentenuevo dirección CT 3748 Machuco e outros con orixe nunha cela de liña ubicada no CS Barboriña proxectado e final nunha conversión ubicada no apoio A17287, cunha lonxitude de 30 metros en condutor tipo RHZ1-150.
Líña soterrada de media tensión a 20kV Puentenuevo dirección OCR 14360 Puentenuevo con orixe nunha cela de liña ubicada no CS Barboriña e final nunha conversión ubicada no apoio A17287, cunha lonxitude de 30 metros en condutor tipo RHZ1-240.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, BOE núm. 310 do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro BOE nº 310, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real Decreto 337/2014, de 9 de maio, polo que se aproba o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias e na Resolución de 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción D.O.G. núm. 54 de 19 de marzo, así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan dos Decretos 135/2017 do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, cuxas características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Lugo, 20 de novembro de 2019.- A Xefa Territorial, Pilar Fernández López.
R. 3694

CONSORCIO PROVINCIAL DE LUGO PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRA
INCENDIOS E SALVAMENTO
Anuncio O Pleno do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento en sesión ordinaria celebrada o día vinte e sete de novembro de dous mil dezanove, aprobou inicialmente o Orzamento da Entidade para o exercicio 2020 cos documentos que o conforman, incluída a Plantilla de Persoal e RelaciónCatálogo de Postos de Traballo. De conformidade co previsto para os efectos no artigo 169 do Real decreto lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais e
Anuncio publicado en: Num BOP 281 año 2019 09/12/2019
05/12/2019 08:00:00
13:53:39

Centro de seccionamento prefabricado Barboriña, no cal se instalan tres celas de liña e unha de servizos auxiliares con telemando integrado.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/12/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date09/12/2019

Page count5

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031