Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/12/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 279 xoves, 5 de decembro de 2019

BOP Lugo
Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas, que se dirixirán á Alcaldía-Presidencia desta Corporación. No caso de non presentarse reclamacións, considerarase definitivamente aprobado o orzamento.
Na mesa sesión indicada, en cumprimento do establecido no artigo 103.bis da Lei 7/1985, do 2 de abril aprobouse a masa salarial do persoal laboral correspondente ao mesmo exercicio económico, ascendendo á contía de 1.006.157,18 €.
Guitiriz, 29 de novemro de 2019.- A Alcaldesa, Marisol Morandeira Morandeira.
R. 3665

GUNTÍN
Anuncio Por Decreto da Alcaldía de 25 de novembro de 2019, prestouse aprobación inicial ao Padrón da taxa polo abastecemento de auga a domicilio, no que se inclúe o canon da auga correspondente ao sexto bimestre do ano 2018.
Exponse ao público polo prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Lugo.
Recurso: Contra o Decreto de aprobación do padrón da taxa polo abastecemento de auga a domicilio, poderá interporse recurso de reposición.
Prazo de presentación do recurso: Un mes contado desde o día seguinte ao da finalización do periodo de exposición ao público dos padróns.

Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, que no seu caso se formule, poderá interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establezan na Lei Reguladora da referida xurisdicción.
A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo dun mes desde que se entende producida a notificación.
ANUNCIO DE COBRANZA
Para o cobro dos mesmos, os recibos seranlles cargados nas contas bancarias respectivas, e fíxase como período de cobro voluntario o prazo de dous meses, desde o 25 de novembro de 2019 ata o 24 de xaneiro de 2020.
Finalizado o exercicio pasarase ao seu cobro pola vía de constrinximento, cos recargos previstos no artigo 28 da Lei 58/2003 de 17 de decembro, Facenda Pública, Lei Xeral Tributaria, a través do Servizo Provincial de Recadación da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
No tocante ao canon da auga, a falta de pago no período voluntario suporá a súa esixencia directamente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público do padrón e anuncio de cobranza, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria.
Guntín, 25 de novembro de 2019.- A Alcaldesa, María José Gómez Rodríguez.
R. 3666

LUGO
Anuncio Na sesión plenaria ordinaria de data 28.11.2019 adoptouse o acordo número 3/157 polo que se aprobou inicialmente o Orzamento Xeral así como o cadro de persoal e a súa documentación complementaria para o ano 2020, polo que en cumprimento do establecido no artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais exponse ao público na Intervención Xeral Municipal do Concello, por un prazo de quince días hábiles, computando dito prazo a partir do día seguinte á inserción do presente edicto no B.O.P., para os efectos de presentación de reclamacións nos termos sinalados nos artigos 169 e 170 dese mesmo texto legal.

Anuncio publicado en: Num BOP 279 año 2019 05/12/2019
04/12/2019 08:00:00
12:01:03

Órgano ante o que se recorre. Alcalde-Presidente do Concello de Guntín.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/12/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date05/12/2019

Page count9

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031