Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/12/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 279 xoves, 5 de decembro de 2019

BOP Lugo
publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación R.D. 939/2005, do 29 de xullo, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, ata o 27/01/2020. Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas.

Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de constrinximento; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procederase á súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, para o que deberán acudir ás oficinas municipais para o selado dos correspondentes recibos.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria.
Becerreá, 28 de novembro de 2019.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez.
R. 3661

FOLGOSO DO COUREL
Anuncio Por Resolución da Alcaldía n.º 205 de data 7 de novembro de 2019 aprobáronse as bases para selección e contratación temporal dous peóns de obras, un auxiliar administrativo e un técnico de turismo ao abeiro do Programa Fomento do Emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2019 da Deputación Provincial.
Tipo e duración do contrato: Dous peóns de obras a xornada parcial 75% da xornada por un período de 9
meses, un auxiliar administrativo a xornada parcial 75 % da xornada por un período de 6 meses e un técnico de turismo a xornada completa 100 % da xornada por un período de 9 meses.
Lugar e prazo de presentación das solicitudes: No rexistro do Concello de Folgoso do Courel no prazo de 7
días naturais.
As bases completas están expostas no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Folgoso do Courel.
Folgoso do Courel, 28 de novembro de 2018.- A Alcaldesa, Dolores Castro Ochoa.
R. 3638

A FONSAGRADA
Anuncio MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 4/2019

Anuncio publicado en: Num BOP 279 año 2019 05/12/2019
04/12/2019 08:00:00
12:01:03

Para o resto dos contribuíntes, os recibos seranlles enviados ó enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectúa-lo pago en calquera oficina de Abanca. No caso de non recibilos, obrigado ó pagamento deberá personarse nas oficinas municipais para obter un duplicado xa que a súa non recepción no domicilio non exonera da obriga de pagamento nin impide a utilización da vía de constrinximento.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/12/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date05/12/2019

Page count9

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031