Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/10/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 31 DE OUTUBRO DE 2019

N.º 250

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE COOPERACIÓN E ASISTENCIA AOS CONCELLOS. SERVIZO DE ASISTENCIA XURÍDICA, TÉCNICA E ECONÓMICA AOS CONCELLOS
Anuncio A reforma do réxime local en Galicia. A planta local
Poténciase actualmente, se cabe, e por outro lado a competencia especial que teñen as deputacións provinciais, consistente en asegura-lo acceso da poboación ó conxunto dos servizos mínimos de competencia municipal, podendo, mesmo, substituílo municipio na prestación deles e debendo facelo coa aprobación do Plan provincial de obras e servizos. Ademais, no marco da proposta de Administración única e do principio de subsidiariedade, están chamadas a desempeñar un papel cada vez máis importante no conxunto do sector público xa que, pola súa experiencia e proximidade ó cidadán, poden prestar mellor os servizos que este demanda.
O desenvolvemento deste VIII ENCONTRO PROVINCIAL DE COOPERACIÓN E ASISTENCIA AOS CONCELLOS
busca a reflexión ou debate sobre a reforma local en Galicia, coa asistencia de diferentes expertos na materia que farán unha análise da denominada planta local no noso territorio a través dos seus relatorios e experiencias, e tendo en conta o dereito comparado do noso contorno máis preto.
PROGRAMA
VIII ENCONTRO PROVINCIAL DE COOPERACIÓN E ASISTENCIA AOS CONCELLOS
A reforma do réxime local en Galicia. A planta local Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo -3 de decembro de 20199:30h.- Recepción dos asistentes 9:45h.- Apertura oficial 10:00h. - 11:15h.- Relatorio: Os Gobernos locais intermedios: presente e futuro das Deputacións Provinciais.
Dereito comparado D. Serafín Pazos Vidal Responsable de Política Europea da Convención Escocesa de Autoridades Locais COSLA Xefe da Oficina de Bruxelas 11:15h. - 12:30h.- Relatorio: A planta municipal: o problema do pequeno concello. Fusión / supresión e outras alternativas. Análise das experiencias europeas D. Fernando López Ramón Catedrático de Dereito Administrativo na Universidade de Zaragoza 12:30h.- Pausa 13:00h. - 14:15h.- Relatorio: O concello como institución dinamizadora da localidade. O rol das cabeceiras de comarca
Anuncio publicado en: Num BOP 250 año 2019 31/10/2019
30/10/2019 08:00:00
12:13:42

O municipio constitúe o nivel básico e esencial da organización territorial de Galicia, regulándose na lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, os seus elementos esenciais, de entre os cales destaca, pola problemática que leva aparellada, o territorio. A opinión unánime, neste momento, é que o número de municipios españois non é, precisamente, pequeno, polo que o seu aumento non semella o máis desexable, sobre todo se temos en conta que, en principio, os pequenos municipios, con escasa poboación e insuficientes medios económicos, dificilmente poden atende-las esixencias que require a prestación dos servizos públicos. Por isto pretendese lograr fórmulas axeitadas que, sen adoptar medidas drásticas, dificulten a creación de novos municipios independentes, favorecendo, pola contra, o asociacionismo municipal, xa que a experiencia demostrou que as mancomunidades de municipios ou os consorcios locais, infrautilizados no territorio galego, xestionan con menor custo e maior efectividade as competencias locais especialmente no caso dos pequenos municipios.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/10/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date31/10/2019

Page count10

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Octubre 2019>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031