Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/10/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 7 DE OUTUBRO DE 2019

N.º 230

EXCMA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E SOCIAL
Anuncio De acordo cos principios de publicidade e transparencia, faise público que a Xunta de Goberno da Deputación de Lugo en sesión ordinaria celebrada o venres 4 de outubro de 2019 acordou dar aprobación as bases de selección das persoas participantes no programa LugoTermal, así como, a súa publicación e convocatoria BASES SELECCIÓN PARTICIPANTES PROGRAMA LUGOTERMAL

Ase mesmo, a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local no seu artigo 36 establece as competencias propias das Deputacións que serán as que lle atribuían en este concepto as leis do Estado e das Comunidades Autónomas nos diferentes sectores de la acción pública, establecendo, entre outras, cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social, e asegurar o acceso da poboación da Provincia ao conxunto dos servizos mínimos de competencia municipal. Neste senso, a Lei 5/1997, de 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia, establece como competencias das Deputacións no artigo 109. d o fomento e a administración dos intereses peculiares da provincia.
A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia LSSG, ten por obxecto estruturar e regular, como servizo público, os servizos sociais nesta Comunidade Autónoma de Galicia para a construción do sistema galego de benestar, entendendo por servizos sociais o conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación galega, mediante intervencións que permitan o logro de diversos obxectivos, entre os que se atopan:
previr a aparición de calquera situación de dependencia, exclusión, desigualdade ou desprotección e promover e garantir o dereito universal da cidadanía galega ao acceso aos servizos sociais, garantindo a suficiencia orzamentaria que asegure a súa efectividade.
Ase mesmo, a citada LSSG establece que as competencias das deputacións provinciais, de conformidade co previsto na normativa de réxime local, proporcionarán asistencia económica, técnica e xurídica aos concellos na execución das seus competencias en materia de servizos sociais, especialmente na prestación de servizos sociais comunitarios básicos por aqueles concellos con menos de vinte mil habitantes Coa entrada en vigor da Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sustenibilidade da Administración Local LRSAL, establecese que as entidades locais non asuman competencias que non lles atribúe a lei e para as que non conten co financiamento adecuado. Por tanto, só poderán exercer competencias distintas das propias ou das atribuídas por delegación cando non se poña en risco a sustentabilidade financeira do conxunto da Facenda local.
En virtude de que a Comunidade Autónoma de Galicia ten atribuída a competencia exclusiva en materia de réxime local, de acordo co artigo 27 do seu Estatuto de autonomía, así como de acordo co seu artigo 49 a tutela financeira sobre os entes locais, respectando a autonomía que a estes recoñécenlles os artigos 140 e 142 da Constitución e de conformidade co artigo 27.2 do Estatuto, ditouse a Lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da LRSAL, a cal no seu artigo 3 establece en relación as competencias das entidades locais distintas das propias e das atribuídas por delegación, no seu apartado 3. a que non se entenderá como exercicio de novas competencias a continuidade na prestación dos servizos xa establecidos, sendo este o caso que nos ocupa, xa que os programas de termalismo lévanse desenvolvendo por parte desta Deputación dende o ano 2011
nas súas diferentes edicións, dirixidos as persoas maiores empadroadas en calquera concello da provincia de Lugo, en colaboración cos balnearios autorizados pola autoridade competente para utilizar as augas mineromedicinales declaradas de utilidade pública con fins terapéuticos e preventivos para a saúde, na provincia de Lugo, segundo o establecido no artigo 22 da Lei 5/1995, de 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia,
Anuncio publicado en: Num BOP 230 año 2019 07/10/2019
04/10/2019 08:00:00
14:18:59

A Deputación de Lugo ten como un dos seus obxectivos principais promover o benestar social dos seus cidadáns, en cumprimento do establecido no artigo 50 da Constitución Española, o cal sinala que os poderes públicos promoverán o benestar mediante un sistema de servizos sociais que atenderán seus problemas específicos de saúde, vivenda, cultura e lecer.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/10/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date07/10/2019

Page count16

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions