Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/10/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 15 DE OUTUBRO DE 2019

N.º 236

CONCELLOS
FOLGOSO DO COUREL
Anuncio Aprobado polo Pleno desta Corporación, en sesión de 27 de setembro de 2019 o Plan Municipal de Prevención de Incendios Forestais PMPDIF exponse ao público, polo prazo de vinte días hábiles a fin de que durante o mesmo, que empezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, as persoas interesadas podan consultar o documento e presentar as alegacións e suxerencias que estimen pertinentes.
Finalizado o trámite de información pública, resolveranse as alegacións presentadas; de non haber alegacións, solicitarase á dirección xeral competente en materia forestal da Xunta de Galicia o informe preceptivo e vinculante esixido polo artigo 16.3 da Lei 3/2007.
Folgoso do Courel, 3 de outubro de 2019.- A Alcaldesa, Dolores Castro Ochoa.

Anuncio Aprobado polo Pleno desta Corporación, en sesión de 27 de setembro de 2019 o expediente de modificación de créditos nº 324/2019 MC21/2019 SC1, baixo a modalidade de suplemento de crédito dentro do vixente orzamento municipal, por importe de 40.545,16 euros financiado con remanente de tesourería para gastos xerais para inversións financeiramente sostibles e dando cumprimento ao establecido nos artigos 169 e 177 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, Real Decreto Lexislativo 2/2004, exponse ao público, polo prazo de quince días hábiles, a fin de que durante o mesmo, que empezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes.
Folgoso do Courel, 3 de outubro de 2019.- A Alcaldesa, Dolores Castro Ochoa.
R. 3018

FRIOL
Anuncio Polo Pleno do Concello en sesión Ordinaria celebrada o día 26 de setembro de 2019, prestouse aprobación ao expediente de modificación de créditos número 9/2019, terceiro de competencia do Pleno, para suplementos de crédito, dentro do vixente orzamento municipal, e por un importe de noventa mil cento cincuenta euros con trinta e seis céntimos de euro 90.150,36.-, con cargo ao Remanente líquido de Tesourería dispoñible do exercicio anterior na data de aprobación deste expediente.
Cumprindo o disposto no artigo 177.2 en relación co 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse ao público polo prazo de quince días hábiles, na Secretaría do Concello, co fin de que durante o mesmo que se contará a partir do seguinte ao da inserción do Edicto no Boletín Oficial da Provincia poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas, que se deberán dirixir ao Alcalde-Presidente do Concello.
Friol, 7 de outubro de 2019.- O Alcalde, José Ángel Santos Sánchez.
R. 3019

Anuncio publicado en: Num BOP 236 año 2019 15/10/2019
14/10/2019 08:00:00
10:19:44

R. 3017

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/10/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date15/10/2019

Page count20

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Octubre 2019>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031