Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/10/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 3 DE OUTUBRO DE 2019

N.º 228

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL
Anuncio CONVENIOS COLECTIVOS
Visto o texto do Convenio Colectivo de Hostelería da Provincia de Lugo Código 27000325011982, asinado o día 12 de agosto de 2019, pola representación empresarial e das centrais sindicais U.G.T. 69,44% e C.I.G.
11,11%, como membros da comisión negociadora e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3
do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo ACORDO:

SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Lugo, 20 de setembro de 2019.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.
CONVENIO COLECTIVO DE HOSTELERÍA
DA PROVINCIA DE LUGO
I.- DISPOSICIÓNS XERAIS
Art. 1º.- Ameto de aplicación.- O presente convenio colectivo de traballo rexirá para toda a provincia de Lugo, regulando as relación de traballo entre as empresas e os traballadores a quenes sexa de aplicación o V Acordo Laboral de ámeto estatal do sector de hostería BOE do 21 de maio de 2015.
Con independencia e sen perxuizo do anterior, o presente convenio colectivo rexirá igualmente para as empresas que, sen ser titulares de establecementos de servizos de aloxamento ou servizos de comida e bebida, presten servizos en ditos establecementos coa realización de prestacións que teñan a consideración de prestacións básicas integrantes dos servizos de aloxamento ou de comida e bebida, tal é o caso de prestacións de servizos de camareiros de pisos ou recepción en establecementos de aloxamento ou servizos de cociña en establecementos de comida.
En todo o que non esteña estipulado polo presente texto de convenio será de aplicación, subsidiariamente, o mentado Acordo Laboral e as normas contidas no Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aprueba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
Art. 2º.- Vixencia e duración .- O presente convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2013 e rematará a súa vixencia o 31 de decembro de 2020.
Art. 3º.- Denuncia.- O presente Convenio Colectivo prorrogarase tácitamente de ano en ano mentras non se chegue a un acordo entre as partes sobre un novo convenio.
Art. 4º.- Vinculación á totalidade.- As condicións pactadas no presente convenio forman un todo orgánico e indivisible e, a efectos da súa aplicación práctica, serán considerados globalmente.
No caso de nulidade parcial por modificación de cualquera das súas condicións, quedará na súa totalidade sen eficacia práctica, debendo negociarse todo o seu contido.
Art. 5º.- Garantias personais e das condicións laborais.- Respetaranse as condicións superiores pactadas a título individual que as empresas teñan pactado ou establecido á entrada en vigor do presente convenio e que globalmente e en cómputo anual excedan do mesmo, manténdose ditas condicións como "ad personam".
Art. 6º.- Publicidade.- As empresas afectadas por este convenio terán que expoñer nos seus centros de traballo un exemplar do presente Convenio para coñecemento de todo o persoal.

Anuncio publicado en: Num BOP 228 año 2019 03/10/2019
02/10/2019 08:00:00
13:40:19

PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/10/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/10/2019

Page count31

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions