Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/09/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 223 venres, 27 de setembro de 2019

BOP d Lugo
- TEMPO XORNADA: A MEDIA XORNADA 50 % XORNADA.
- COMETIDO FUNCIONAL: Efectuará, baixo a dirección de Servizos Sociais do Concello as funcións propias do posto conforme a Ordenanza do Servizo de Axuda no Fogar.
3.- RETRIBUCIÓNS: Soldo correspondente a categoría de Auxiliar de Axuda no Fogar Convenio Colectivo de Axuda no Fogar de Galicia.
4. REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
a Xerais:
Titulación Académica mínima necesaria para participar no proceso selectivo: Título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real Decreto 1593/2011, de 4 de novembro, polo que se establece o Título de Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia e se fixan as súas ensinanzas mínimas, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade, ou en condicións de obtelo na data na que se remate o prazo de presentación de solicitudes para participar na presente convocatoria. Deberá acreditarse mediante o correspondente diploma ou certificación da entidade competente. No suposto de estar en posesión dunha titulación equivalente, xuntarase un certificado expedido polas autoridades académicas competentes ou documentación acreditativa da dita equivalencia.
b Específicos:
- Estar inscrito na Oficina de Emprego en situación de desemprego ou de mellora de emprego para o caso en que a xornada de traballo sexa igual ou inferior o 50% da xornada, que deberá acreditarse con certificación da Oficina de Emprego e cun informe de vida laboral actualizado, expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

- Nivel de coñecemento do idioma galego esixido para realizar as funcións da praza/posto/emprego convocado:
CELGA 1 ou se carece desta acreditación a persoa aspirante someterase obrigatoriamente á proba de coñecemento do idioma galego.
Os anteriores requisitos, deberanse posuír con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo.
5. SISTEMA DE SELECCIÓN: CONCURSO - OPOSICIÓN.
5.1. FASE DE OPOSICIÓN.
A proba a realizar na fase de oposición será de carácter teórico e a súa finalidade é que as persoas aspirantes poidan amosar os seus coñecementos sobre as materias comúns e as materias específica contidas no programa.
A proba consistirá nun exame tipo test que abrangue a totalidade do programa.
O Tribunal determinará:
O número de preguntas do exame tipo test.
O tempo para a realización da proba.
Os criterios de corrección, podendo penalizar no exame tipo test as respostas erróneas ou establecer outros criterios obxectivos de corrección.
Esta proba é obrigatoria e eliminatoria.
Cualificarase ata un máximo de 20 puntos, sendo a puntuación mínima para superala 10 puntos.
5.2. FASE DE CONCURSO. BAREMO DE MÉRITOS puntuación máxima 12 puntos.
Criterios xerais para todos os apartados do baremo:
Só se valorarán os méritos que a xuízo do Tribunal estean debidamente acreditados.
Non se valorarán os méritos acreditados que non estean relacionados, a xuízo do Tribunal, coas funcións do emprego convocado.
5.2.1 Experiencia profesional puntuación máxima de 7 puntos.
Criterios xerais:
O cómputo dos días de experiencia profesional realizarase conforme aos días acreditados no informe de vida laboral.

Anuncio publicado en: Num BOP 223 año 2019 27/09/2019
26/09/2019 08:00:00
09:04:23

- Estar en posesión do carné de conducir B vixente, que permita os desprazamentos necesarios aos domicilios dos usuarios.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/09/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date27/09/2019

Page count39

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930