Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/09/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 219 luns, 23 de setembro de 2019

BOP Lugo
EXPOSICIÓN O PÚBLICO
Por Resolución de Alcaldía de data o día 09 de setembro de 2019, prestouse aprobación inicial ao Padrón fiscal do Servizo de Axuda no Fogar correspondente o mes de Agosto de 2019 a través da Lei de Dependencia e Programa Básico de Axuda no Fogar por importe de tres mil oitocentos corenta e seis euros con noventa e un céntimos de euro 3.846,91 € , dos que tres mil cento catorce euros con corenta e un céntimos de euro
3.114,41 € correspondente a dependencia , e setecentos trinta e dous euros con cincuenta céntimos de euro
732,50€ son de libre concorrencia.
Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria 58/2003 de 17 de decembro, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de 15 días , contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública , non se formula ningunha reclamación.
Así mesmo , e de conformidade con artigo 253.1 da citada Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición perante a Sra. Alcaldesa-Presidente , no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao do remate do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA

O prazo de cobro , en período voluntario será de dous meses dende a publicación do Edicto de aprobación, transcorrido o mesmo procederase a esixir os xuros de mora e os recargas de acordo cos artigos 26 a 28 da Lei Xeral Tributaria.
A presente publicación, nos dous supostos , de edicto de exposición ao público do Padrón e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei Xeral tributaria.
Lourenzá, 09 de setembro de 2019.- A Alcadesa, Rocío López García.
R. 2812

RÁBADE
Anuncio Padrón Tributario da taxa pola prestación do servizo de augas, sumidoiro canon da auga e recollida de lixo do 4º bimestre do exercicio 2019.
Por Decreto da Alcaldía de data 13 de setembro do 2019, aprobouse o Padrón Tributario da taxa pola prestación do servizo de augas, sumidoiro, canon da auga e lixo, correspondente o cuarto bimestre do exercicio 2019, cuxo importe total ascende a cantidade de 84.756,15 oitenta e catro mil setecentos cincuenta e seis con quince euros, así como a apertura dun período de información pública por prazo de un mes a partir da publicación do presente edicto no B.O.P. durante o cal todos os interesados poderán consultar o seu contido na Secretaría do Concello e presentar as alegacións que estimen oportunas. Queda aberto o prazo de cobro en período voluntario dende o día 1 ó 31 de setembro do 2019.
Contra o acto de aprobación do padrón da taxa prestación do servizo de augas, sumidoiro e lixo e das liquidacións incorporadas a este, poderase formular recurso de reposición ante esta Alcaldía , no prazo de un mes contado dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición ao público do padrón de contribuíntes ou ben recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, sen que poidan interpoñerse ambos simultaneamente.
Transcorrido o período de pago en voluntaria as débedas serán esixidas polo procedemento de constrinximento a través do servizo provincial de recadación co correspondente recargo de mora e costas que se produzan, no seu caso.
A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, no prazo dun mes dende o día seguinte ao remate de exposición pública do padrón.
A falta de pagamento en período voluntario do canon de auga suporá a esixencia directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

Anuncio publicado en: Num BOP 219 año 2019 23/09/2019
20/09/2019 08:00:00
14:07:41

Para o cobramento dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles adebedados nas contas bancarias respectivas.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/09/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date23/09/2019

Page count4

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930