Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/09/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 213 luns,16 de setembro de 2019

BOP Lugo
Abadin, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Cervo, O Corgo, Cospeito, Chantada, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Foz, Friol, Guitiriz, Guntín, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, As Nogais, Ourol, Palas de Rei, Pantón, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra de Brollón, Pol, A
Pontenova, Portomarin, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Sarria, O
Saviñao, Sober, Taboada, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro, Vilalba, Xermade e Xove.
O ingreso das débedas realizarase en calquera oficina da Entidade ABANCA, La Caixa - Caixabank SA, Banco Bilbao Vizcaya Argentaria S. A. BBVA e Banco Sabadell S.A., en días laborables, de luns a venres, de 08:30 a 14:00
h, na que se presentará o documento de ingreso que se envía, por correo, aos domicilios dos contribuíntes. As persoas que non reciban ou extravíen o documento de ingreso, poderán solicitar un duplicado en oficinas de ABANCA ou La Caixa-Caixabank, SA..
O pagamento dos citados tributos poderase domiciliar, para anos sucesivos, en caixas de aforros, bancos e demais entidades financeiras. Para este trámite será necesario cubrir o impreso de domiciliación que acompaña ao documento cobratorio e remitilo ao Servizo de Xestión Tributaria e Recadación, ou ben entregalo en calquera oficina de ABANCA, cando a domiciliación se refira a unha conta aberta nesta entidade.
Infórmase tamén que, transcurrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas faranse efectivas pola vía de constriximento e serán esixibles as recargas do período executivo e os xuros de mora correspondentes, tal como estipulan os artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, do dezasete de decembro, xeral tributaria e, se é o caso, as custas que se produzan.
Lugo, 5 de setembro de 2019.- O Presidente, P. D. Decreto, de data 24/07/2019.- A Deputada Delegada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez.
R. 2731

LÁNCARA
Anuncio Decreto.- Láncara, na data da sinatura electrónica á marxe.
Por decreto de alcaldía de 3 de setembro resolvín a miña substitución por ausencia do termo municipal o período comprendido entre os días 4 e 10 de setembro, de acordo co establecido nos artigos 63 da Lei de Administración local de Galicia e 47.1 e 2 do Regulamento de Organización, funcionamento e réxime xurídico das Corporacións locais.
Continuando as causas que motivaron a necesidade da miña substitución e tendo en conta as necesidades municipais e dispoñibilidade dos tenentes de alcalde.
RESOLVO
Que me substitúa na totalidade das miñas funcións a 2º tenente de alcalde, dona Begoña López Magdalena durante os días 12, 13, 16, 17 de setembro, e o 1º tenente alcalde, don Pablo Rivera Capón, os días 14 e 15 de setembro.
Notifíqueselle ós interesados.
Déase conta ao Pleno da Corporación e publíquese no BOP.
A Pobra de San Xiao, Láncara, 10 de setembro de 2019.- O alcalde, Darío A. Piñeiro López.
R. 2751

OUTEIRO DE REI
Anuncio ANUNCIO DE APROBACIÓN PROVISIONAL DE RELACIÓN DE BENS E DEREITOS A EXPROPIAR
Que na Xunta de Goberno Local do Concello de Outeiro de Rei, celebrada o día 5 de setembro de 2019 adoptouse o seguinte acordo:
O circuíto de Outeiro de Rei sitúase no extremo leste da parroquia de Robra, moi preto do núcleo de Penelas. Este circuíto para a súa entrada en funcionamento require da dotación da enerxía eléctrica necesaria para as actividades deportivas que nel vanse a realizar. De non contar con enerxía suficiente certas actividades relacionadas co deporte do motor non van poder ser levadas a cabo.
A empresa eléctrica non está actualmente en condicións de prestar ao circuíto a enerxía eléctrica requirida.

Anuncio publicado en: Num BOP 213 año 2019 16/09/2019
13/09/2019 08:00:00
12:03:18

CONCELLOS

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/09/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date16/09/2019

Page count7

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930