Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/09/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 211 venres, 13 de setembro de 2019

BOP de Lugo
-Os gastos derivados de cantidades específicas e nominativamente consignadas no orzamento a favor de persoas, entidades ou servizos determinados.
-Os gastos derivados dos intereses e amortizacións de préstamos, así como os contratos de trasporte a portes debidos.
-Os gastos derivados das anualidades ou mensualidades correspondentes a contratos de xestión de servizos públicos, contratos de servizos, e subministracións menores de material de oficina, publicacións, anuncios e outro material non inventariable.
-tódolos demais gastos de tracto sucesivo.
- Os gastos de calquera clase cuxa contía sexa inferior a 3.000,00 euros.
2.- Aprobación do recoñecemento de obrigas en tódolos supostos en que a autorización e compromiso do gasto fora delegado na Xunta de Goberno Local.
3.- Acordos relativos a concesión de subvencións dentro dos créditos orzamentarios destinados a este fin.
F. En materia de ingresos:
1. A aprobación de Padróns, Matrículas e Listas cobratorias de Impostos Municipais, Taxas e Prezos Públicos 2. A aprobación de liquidacións de ingresos directos derivados de licenzas e autorizacións delegadas na Xunta de Goberno Local.
3. Os acordos relativos a baixas de suxeitos pasivos, devolucións de ingresos indebidos, duplicados, etc., derivados das competencias delegadas na Xunta de Goberno Local.

CUARTO.- A presente delegación de competencias non quedará revogada polo mero feito de producirse un cambio na titularidade da Alcaldía ou na composición da Xunta de Goberno Local. A revogación ou modificación da presente delegación de competencias haberá de ser adoptada coas mesmas formalidades que as esixidas para o seu outorgamento.
QUINTO.- O alcalde resérvase a avocación dos asuntos delegados que pola súa urxencia teñan que ser resoltos con celeridade e puntualidade, avocación da que se dará conta na seguinte sesión da Xunta de Goberno Local que se celebre.
SEXTO.- A presente Resolución notificarase persoalmente aos designados como membros deste órgano.
SÉTIMO.- Da presente Resolución darase conta ao Pleno na sesión que se celebrará para dar cumprimento ao disposto no artigo 38 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, no caso de que se adopte o acordo de creación da Xunta de Goberno Local.
OITAVO.- De conformidade co disposto no artigo 44 do referido Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, a presente delegación de atribucións, terá efecto dende o mesmo día en que o Pleno adopte o acordo de creación da Xunta de Goberno Local, sen prexuízo da súa preceptiva publicación no Boletín Oficial da Provincia.
NOVENO.- Publíquese na súa parte dispositiva no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e no taboleiro de anuncios do Concello..2.- DELEGACIÓNS ESPECIAIS: Decreto número 2019-0251 de data 25/06/2019
Expediente n 290/2019
Resolución da Alcaldía de número e data establecidos á marxe Procedemento: cargos públicos Asunto: delegacións especiais.
Documento asinado por: O Alcalde, a Secretaria-Interventora.
DON JOSÉ MARÍA LÓPEZ RANCAÑO, AlcaldePresidente do Concello de Abadín, provincia de Lugo.
En uso das atribucións que me confiren, o artigo 23.4 da Lei 7/1985,do 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 43, 44, 45 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro,
Anuncio publicado en: Num BOP 211 año 2019 13/09/2019
12/09/2019 08:00:00
12:38:26

TERCEIRO.- Os acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local en relación coas materias delegadas, terán o mesmo valor que as resolucións que dite o Alcalde no exercicio das atribucións que non foran delegadas, sen prexuízo da súa adopción conforme ás regras de funcionamento da Xunta de Goberno Local.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/09/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/09/2019

Page count29

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930