Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/09/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 201 luns, 2 de setembro de 2019

BOP Lugo
proposta de modificación do Decreto que na actualidade regula o Rexistro de Unións de Feito para introducir un novo requisito para a inscrición de parellas nas que un ou os dous integrantes sexan cidadáns de estados non membros da Unión Europea, consistente na preceptiva solicitude de informe da Brigada de Estanxeiría da Policía Nacional que permita verificar as seguintes circunstancias:
- A situación legal en España dos/as integrantes da unión ou, de ser o caso, a existencia de expediente de expulsión incoado en relación con algún deles/as.
Igualmente proponse a inclusión dun novo artigo que regule a posibilidade da incoación de oficio de expedientes de extinción de unións de feito para o caso de que se detecte a situación ilegal en España dalgún dos integrantes da unión ou, de ser o caso, a existencia de expediente de expulsión incoado en relación con algún deles/as así como a inexistencia de convivencia real e efectiva da unión inscrita.
Tendo en conta todo o exposto, e en virtude das atribucións conferidas á Excma. Sra. Alcaldesa do Concello de Lugo no artigo 124 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, RESOLVO:
Primeiro. Modificar o Decreto de Alcaldía do día 20 de outubro de 1999 relativo á creación e funcionamento do Rexistro de Unións de Feito, o cal quedará redactado do seguinte xeito:
PRIMEIRO. O Rexistro de Unións de Feito no Concello de Lugo terá carácter administrativo e rexerase polo presente acordo e disposicións de desenvolvemento.
SEGUNDO. As normas de funcionamento deste Rexistro serán as seguintes:
Artigo 1. Poderán inscribirse no Rexistro as unións non matrimoniais de convivencia estable entre parellas, calquera que sexa a súa orientación sexual, que teñan o seu domicilio no Concello de Lugo.
Artigo 2. Serán requisitos para a inscrición no Rexistro os seguintes:
a Ser maiores de idade ou menores emancipados.

c Non estar incapacitados xudicialmente.
d Non ter vínculo matrimonial subsistente.
e Ser residentes no municipio de Lugo.
No caso de que un ou os dous integrantes da unión de feito sexa cidadán dun estado non membro da Unión Europea, deberá ademais incorporarse ao expediente un informe da Brigada de Estanxeiría da Policía Nacional que permita verificar a situación legal en España dos/as integrantes da unión ou, de ser o caso, a inexistencia de expediente de expulsión incoado en relación con algún deles/as.
Artigo 3. Poderán ser obxecto de inscrición no Rexistro os seguintes actos e declaracións:
a As declaracións de constitución, modificación e extinción das unións de feito.
b Os contratos civís reguoladores das relacións persoais e patrimoniais das unións de feito.
As inscricións referidas terán sempre carácter voluntario, pero para que poidan inscribirse as sinaladas na alínea b será necesaria a inscrición previa no acto recollido na alínea a.
Artigo 4. A inscrición no Rexistro de unións de feito terá efectos declarativos sobre a constitución, modificación ou extinción das unións de feito, así como os contratos reguladores das relacións persoais e patrimoniais.
A validez xurídica e os efectos dos mencionados contratos produciranse de acordo coa normativa que lle sexa de aplicación, á marxe da súa inscrición no Rexistro.
Artigo 5. A publicidade do Rexistro quedará limitada exclusivamente a expedir certificacións do Rexistro, que serán expedidas a instancia de calquera dos integrantes da unión ou dos Xuices ou Tribunais de Xustiza.
Artigo 6. As inscricións solicitaranse por escrito, mediante instancia dirixida ao Excmo. Sr/a Alcalde ou Alcaldesa, conforme ao modelo que se xunta como anexo á presente resolución, á que deberá xuntarse a documentación acreditativa de que se reúnen os requisitos esixidos.
Unha vez presentada a solicitude, os interesados deberán comparecer, persoal e conxuntamente, na dependencia encargada do Rexistro co obxecto de ratificar a súa solicitude.
As inscricións relativas á extinción da unión de feito poderán efectuarse a instancia dun dos seus integrantes.
Artigo 7. O Concello poderá incoar de oficio expediente para a extinción da unión de feito no caso de que se acrediten fehacientemente algunha das seguintes circunstancias:
- A situación ilegal en España de un/unha ou os dous integrantes da unión ou, de ser o caso, a existencia de expediente de expulsión incoado en relación con algún deles/as.

Anuncio publicado en: Num BOP 201 año 2019 02/09/2019
30/08/2019 08:00:00
13:16:25

b Non ter unha relación de parentesco de consanguinidade ou adopción en liña recta ou colateral de segundo grado.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/09/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date02/09/2019

Page count7

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930