Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/06/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 147 mércores, 30 de xuño de 2021

BOP Lugo
Terceira: lugar e prazo de presentación das solicitudes 3.1 As solicitudes dirixiranse ao Presidente da Deputación de Lugo e presentaranse a través da sede electrónica da Deputación https sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede, apartado trámites xerais, no espazo habilitado para o programa COÑECE A TÚA PROVINCIA. Alternativamente, as solicitudes de acordo co modelo que figura no Anexo I destas bases, tamén poderán presentarse no Rexistro Xeral da Deputación de Lugo, onde se realizará a comprobación dos datos identificativos da persoa física ou xurídica a efectos do seu rexistro electrónico.
3.2 O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. As solicitudes presentadas fóra do prazo indicado serán desestimadas.
3.3 Cada entidade interesada poderá presentar como máximo unha solicitude por convocatoria. No caso de que presenten máis dunha solicitude, só se terá en conta a rexistrada en primeiro lugar.
3.4 No caso de que a solicitude non reúna os datos esixidos nestas bases, o órgano instrutor requirirá á entidade interesada que emende as faltas ou presente a documentación complementaria que corresponda no prazo de 10
días hábiles, indicándolle que, de non facelo, se terá por desistida a petición, previa resolución que se ditará de conformidade co establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas.
Cuarta: documentación a presentar coa solicitude As entidades interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, unha copia do NIF.
Quinta: notificacións
5.2 A notificación electrónica entenderase practicada no momento no que se produza o acceso ao seu contido e entenderase rexeitada cando transcorran 10 días naturais desde que a notificación se poña á disposición da entidade interesada sen que se acceda a esta no prazo indicado.
5.3 O sistema remitiralles ás entidades interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo electrónico indicada na solicitude. Estes avisos non terán efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación se considere válida.
Sexta: instrución e criterios de adxudicación das excursións.
6.1 A instrución do procedemento corresponderá á Deputada Delegada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo Servizo de Turismo, sendo o órgano competente para a aprobación da listaxe de entidades admitidas e excluídas ou en agarda de ser o caso-, a Xunta de Goberno, que resolverá no prazo máximo de 2 meses.
6.2 A orde de prelación da listaxe de entidades admitidas establecerase conforme á orde de presentación das solicitudes segundo o nº de rexistro de entrada ata esgotar as prazas dispoñibles. Para o reconto das prazas asignadas tomarase como referencia o número máximo de participantes que indique cada entidade na súa solicitude.
6.3 No caso de cubrirse as 1242 prazas en primeira convocatoria, elaborarase de ser procedente-unha listaxe de agarda coas restantes solicitudes por orde de entrada no rexistro. De ser posible dende o punto de vista organizativo, poderán terse en conta estas solicitudes no caso de que algunha das entidades seleccionadas renunciase á súa participación no programa ou no caso de que chegasen a quedar prazas vacantes durante a execución do programa para formar grupo, tomando como referencia o número de prazas mínimo e máximo indicado nestas bases.
6.4 No suposto de que as prazas non se cubran en primeira convocatoria, de ser posible dende o punto de vista organizativo, a Deputación de Lugo resérvase o dereito de abrir un novo prazo de inscrición ou para ampliar a convocatoria inicial co obxecto de que as entidades que resultasen beneficiarias dentro do primeiro prazo poidan solicitar unha segunda excursión.
Séptima: Publicacións A relación das entidades admitidas e excluídas, así como a listaxe de agarda, no seu caso, será obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, de acordo co establecido no artigo 45 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Sen prexuízo da publicación da listaxe de solicitudes no Boletín Oficial da Provincia, o Servizo de Turismo contactará directamente coa persoa representante de cada entidade cuxa solicitude fose aprobada para informar desta circunstancia. O contacto realizarase coas diferentes entidades por orde de admisión co fin de asignar unha data e itinerario para a excursión, especificando os horarios aproximados entre os que se desenvolverá.

Anuncio publicado en: Num BOP 147 año 2021 30/06/2021
29/06/2021 08:00:00
13:40:32

5.1 As notificacións de resolución e doutros actos administrativos practicaranse por medios electrónicos nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común cando as solicitudes se realizasen a través da sede electrónica da Deputación de Lugo. No caso de que as solicitudes se teñan presentado no Rexistro Xeral da Deputación, as notificacións practicaranse polo medio indicado na solicitude.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/06/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data30/06/2021

Conteggio pagine33

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni